AER, BNG E PP RESPONDEN Á CONVOCATORIA DE REUNIÓN PROPOSTA POLA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PARA ABORDAR O PXOM
A Asociación de Empresarios reuniuse cos grupos políticos para transmitirlle as preocupacións das numerosas empresas coas que se reuniron para analizar o marco deste novo instrumento de ordenación do territorio.
Tras a reunión co equipo redactor
do PXOM mantida o pasado 22 de maio na que se instou a Asociación a realizar un
inxente traballo de recompilación de manifestacións de intereses do tecido
produtivo, a Asociación, con apenas un mes de prazo, considera que esta tarefa
resulta materialmente imposible de executar en tan curto prazo.
Nas últimas semanas a Asociación
de empresarios mantivo reunións e estivo en contacto con empresarios de toda a
localidade o que deu lugar a detección de numerosas incorreccións, erratas de
detalle e, o que é mais importante, concluíu
a inviabilidade técnica ou económica dalgunha das áreas definidas como
MACE no PXOM o que a entidade, por responsabilidade, quixo dar traslado a todos os grupos políticos e proporlles
solucións para salvar os condicionantes detectados.
A Asociación, partindo sempre de
que este instrumento de ordenación é un bo punto de partida para deixar atrás
décadas de “desurbanismo”, expuxo que as problemáticas que se derivan da falta
de ordenación de detalle en moitos dos ámbitos, especialmente no industrial, seguirán a hipotecar o futuro das empresas
xa asentadas. A entidade puxo sobre a mesa aos partidos políticos estas
dificultades e manifestou o interese en explorar camiños para subsanalos.
As necesidades de pulir un
documento tan amplo son moitas e precisa de moitos ollos observadores que dean
con todas estas inexactitudes para
que non se convertan en condicionantes futuros, dígase por exemplo as máis de
800 vivendas previstas nun área industrial de Vilar de Infesta, inviables pola
súa propia natureza e que se están restando edificabilidade real á propia
parroquia ou incluso a outras zonas do concello.
As cuestións postas de manifesto
polos empresarios son coincidentes en forma e/ou en fondo tanto polo Partido
Popular como polo BNG. A Agrupación de Electores pola súa banda marca
distancias e prima unha visión política por encima do que a Asociación entende
como cuestións de interese xeral para o conxunto da cidadanía e para o
posicionamento social e económico do Concello de Redondela.
A encomenda do equipo redactor,
nace inviable en si mesma porque esa primeira xuntanza chegou demasiado tarde e
así o entendeu BNG e PP, este último manifestou a súa vontade de acadar unha
prórroga do prazo para presentar alegacións, cuestión que foi rexeitada no
pleno.