BANNER-WEB-SOMBRA-artelixo-2024.png

ARTELIXO 2024

Prazo de inscripción para establecementos interesados en acoller obras está aberto ata o 25 de marzo de 2024.

Un ano máis chega o ArteLixo nunha nova edición que neste ano 2024 está adicada á Problemática Ambiental da Industria do Téxtil.

 

As datas de celebración este ano son: 13 de abril ao 20 de abril.

 

Es un establecemento? Como acoller a exposición dunha obra do ArteLixo2024?

 

Se eres un establecemento asociado e queres acoller unha obra no escaparate debes inscribirte antes do 25 de marzo enviando unha mensaxe ao enderezo aer@empresasredondela.gal

Ou a través do telf.. ou whatsapp: 986404012.

 


ARGUMENTARIO E TEMÁTICA DA EDICIÓN 2024

Problemática Ambiental da Industria do Téxtil

A Industria do Téxtil estigmatiza o desaxuste do mundo. Dende a inmoral acumulación da riqueza en uns poucos negocios multinacionais, ata a cada vez maior dificultade do comercio e produción local, moito máis sostibles, de cubrir a necesidade, tan especificamente humana, de Vestir. Esta necesidade, que no pasado foi xunto ao Pan e o Teito as tres principais demandas da xustiza do mundo, desaxustouse ata a insostibilidade coa “Moda Rápida” que envicia na catástrofe do “Consume, Refuga, Lixo” contra a esperanza do “Reduce, Reusa, Recicla”.

A Industria do Téxtil tamén estigmatiza o desaxuste do mundo con esa capacidade tan esencial do capitalismo moderno de ocultar os problemas. A maquinaria de publicidade e propaganda logra invisibilizar eficientemente dende a explotación infantil á laboral, ata a explotación, ou mellor dito colonización, dos países produtores no sur global.

Este desaxuste na localización e concentración da produción téxtil, por motivos tan interiorizados e asumidos na poboación privilexiada das democracias occidentais, provoca enormes problemas sociais, de saúde, económicos, morais e por suposto ambientais.

No desaxuste ambiental do mundo a industria téxtil é, detrás da petroleira, a segunda máis contaminante, segundo a Conferencia da ONU sobre Desenrolo e Comercio, UNCTAD. As emisións de CO2 á atmosfera da “Moda Sucia” son superiores ás que provocan os voos de todos os avións e os envíos marítimos internacionais xuntos. A contaminación máis alarmante non se produce no país onde se vende senón no país que se produce. As empresas da “Moda Sucia” consomen e contaminan auga, moitísima auga. Demasiados ríos son tinguidos con sustancias químicas para dar cor á túa roupa. Cultivos para a alimentación, son contaminados por tinguiduras tóxicas vertidas diariamente. A pegada ecolóxica do transporte. Aos impactos da industria téxtil hai que engadir os producidos durante a fase do uso do consumidor. As pezas non deberían desprender contaminantes ao lavalas, sen embargo, as fibras sintéticas convértense en microplásticos que tarde ou cedo terminarán no mar. Partículas de plásticos entran na cadea alimentaria causando tamén problemas na saúde humana. Toneladas de roupa chegan ao vertedoiro sen un destino sostible...

 

O ArteLixo2024 propón visibilizar e reflexionar sobre a Industria do Téxtil dende unha mirada ecoloxista. Unha mirada que tamén propón outro xeito de facer, de estar, xa que para que o ArteLixo2024 poida celebrarse é necesaria a colaboración de moitas persoas, voluntarias, activistas, comerciantes, cidadáns do pobo de Redondela, profesorado, alumnado... Mais, sobre todo, das artistas que expoñen as súas obras. É o noso desexo que todas as persoas que colaboran e expoñen se sintan cómodas e que o seu paso polo ArteLixo2024 sexa agradable e gozoso. Porque as cousas tamén se poden facer así; entre moitas, onde cada unha achega o que saiba e poida e sen máis interese que participar nunha convocatoria de arte aberta, ecoloxista e colectiva.

 


 

 

Es un creador? Como inscribirse no ArteLixo2024?


 

Necesitamos que as persoas e grupos que vaian expoñer as súas obras nos faciliten o traballo do seguinte xeito:

 

Cubrir o formulario de inscrición antes do 1 de Abril de 2024. Se, por calquera circunstancia, a obra se inscribe con data posterior non podemos garantir unha localización de exposición nin que a obra sexa catalogada, nin que apareza no rueiro da exposición.

O formulario podedes cubrilo nesta ligazón https://forms.gle/9tR8NxZtSQHneuGJ6

 

Ademais, como novidade deste ano, unha vez rematado o certame, o alumnado do obradoiro de emprego de deseño gráfico do Concello de Redondela comezará a confeccionar un catálogo que documentará as obras deste ano. Esta iniciativa que será presentada nun acto público, unha vez que o alumnado remate o traballo, necesita da vosa colaboración. É por isto que este ano no formulario de inscrición hai un apartado onde facer unha breve descrición da obra. Esta breve descrición permitirá ao alumnado elaborar o catálogo.

 

Unha vez rematado o prazo de inscrición a organización porase en contacto coas autoras/es das obras para concretar os detalles de localización e calquera outro que poida xurdir.

 

As/os artistas colocaran e retiraran as obras do sitio elixido. Énos imposible facer este traballo, ademais pensamos que é bo que sexa a propia persoa que concibiu a obra quen a coloque ao seu xeito e a presente correctamente. Á hora da retirada, a experiencia de todos estes anos pasados evidencia que se as obras non son recollidas a tempo, quedan na rúa ou escaparate infravalorándose así a propia obra e o propio certame.

 

A organización facilitará as/os artistas unha cartela para a correcta identificación da obra que poderán colocar xunto a obra no momento da súa montaxe.

 

Para calquera dúbida, dificultade, cuestión ou suxestión non dubidedes de poñervos en contacto connosco a través do correo electrónico: artelixoredondela@gmail.com

ou no tlf: 604039213 (Fran)

 

Como en todas as anteriores edicións, o ArteLixo2024 estará cheo de actividades paralelas. Seguiremos informando!