FOTO-REUNIÓN-INCENDIO-desenfocado.jpg

AS EMPRESAS DO SECTOR HOSTALEIRO DE REDONDELA AFECTADOS POLO INCENDIO PRODUCIDO DURANTE AS FESTAS DA COCA REÚNENSE PARA ESTUDAR ACCIÓNS CONXUNTAS QUE LLES AXUDEN A COMPENSAR AS PERDAS QUE CUANTIFICAN EN MÁIS DE 50.000€.

Na mentras se dirimen responsabilidades polo incendio que obrigou ao peche de case unha ducia de locais os empresarios estudan medidas que lle axuden a compensar as perdas.

Os empresarios cuantificaron nuns 50.000€ as perdas por lucro cesante.

 

Tras analizar as condicións dos seguros, salvo os casos nos que houbo perdas por danos emerxentes nos que xa se fixeron as oportunas reclamacións e peritaxes, atopámonos que as pólizas non contemplan a cobertura do lucro cesante para a tipoloxía dos feitos causantes que deron lugar a falta de subministración eléctrica.

 

A Asociación de Empresarios, tras a reunión mantida pola comisión de hostalaría da entidade, propón ao Concello manter unha xuntanza para abordar medidas de axuda e compensación para as empresas afectadas.