AS PRAZAS DE ABASTOS DE REDONDELA PREMIAN AS COMPRAS
A Asociación de Empresarios de Redondela e o concello colaboran na posta en marcha dunha campaña para promover as vendas nas prazas de abastos durante o Nadal.
O Concello de Redondela en colaboración coa
Asociación de Empresarios pon en marcha unha campaña de Nadal con premios para
promover as compras nos Mercados Municipais de Redondela e Chapela.
Os clientes que fagan as súas compras nas prazas
de abastos ata o 21 de decembro participarán no sorteo de 8 cestas de Nadal
valoradas nun total de 400 euros.
Os sorteos presenciais faranse o día 22 de
decembro e o sorteo online terá lugar o día 21.
Nos mercados están xa instaladas unhas urnas para depositar os vales, e entre todos os recollidos sortearanse 4 cestas no mercado de Redondela e 2 no mercado de Chapela. As dúas cestas restantes sortearanse “en liña” na web da Asociación de Empresarios (https://www.empresasredondela.gal/noticias/campana-de-nadal-das-prazas-de-abastos-de-redondela-2023) Participar é moi sinxelo, tan só hai que cubrir os datos persoais para poder rexistrar todos os tíckets de compra que desexe. O concelleiro de Consumo e Comercio, Antonio Cabaleiro, sinala que deste xeito queren “promover as compras nas prazas de Redondela e Chapela nestas festas de Nadal”. Por outra banda o responsable dos Mercados Municipais, Pedro Villaverde explica que é un xeito de “premiar á veciñanza que confía nestes establecementos, que ofrecen produtos de calidade.
Por parte da Asociación de Empresarios destacan que
por primeira vez faise confluír nunha mesma compaña a participación online e
offline, de modo que os cliente polas compras nas prazas recibirán as
papeletas para participar que poderán depositar nas tradicionais urnas ou ben,
e aquí está a gran novidade da campaña poderase participar de forma dixital
rexistrando o ticket de compra na nova plataforma de concursos e sorteos que
está a desenvolver a Asociación de Empresarios de Redondela que se estrea este
Nadal cos sorteos da Cestas de Nadal e co sorteo de 3.000€ en Vales de Compra
na que participan máis de 60 establecementos entre os que tamén se atopan os
praceiros e praceiras ademais de todo o comercio de Redondela e Chapela.