BANNER-WEB-REBAJAS.jpg

AS REBAIXAS DE VERÁN CHEGAN AO COMERCIO DE REDONDELA

A Asociación de Empresarios de Redondela presenta a imaxe das rebaixas para este verán.

A campaña de Rebaixas iniciase este ano coa espectativa de que sexa unha campaña longa xa que o tempo non acompañou ata o de agora as venda de tempada. Esta situación dase de forma moi recurrente en Galicia xa que as rebaixas chegan cando apenas o tempo comeza a acompañar as vendas de verán.  

Nun contexto no que grandes cadeas comerciais tenden a adiantar o inicio das Rebaixas o pequeno comercio segue apostando por respetar as datas tradicionais de inicio, e así o 1 de xullo realizase a presentación da imaxe desta nova campaña de rebaixas  e a distribución da cartelería.