AXUDAS IGAPE: CHEQUE AUTÓNOMO SEGUIMOS ADIANTE
Subvencións dirixidas a persoas autónomas que non solicitaran a prestación por cese de actividade.
OBXETO
A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica ás persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados na
actual situación económica motivada pola pandemia do COVID-19.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:
1. As persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de mutualidade do colexio profesional con domicilio fiscal en Galicia que estean en activo e cumpran os seguintes requisitos:
a) Que non percibisen prestación extraordinaria por cesamento temporal de actividade motivada pola pandemia do COVID-19.
b) Que teñan unha diminución na facturación superior ao 50 % comparando a facturación do segundo trimestre de 2020 coa do primeiro trimestre de 2020.
c) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2019 (ou do último ano que a presentara).
2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia que estean en activo e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que as persoas traballadoras autónomas societarias non percibisen prestación extraordinaria por cesamento temporal de actividade motivada pola pandemia do COVID-19.
b) Que teñan unha diminución na facturación superior ao 50 % na facturación, comparando a facturacións do segundo trimestre de 2020 coa do primeiro trimestre de 2020.
c) A empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2019 (ou á última declaración presentada) inferior a 30.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades).
IMPORTE DAS AXUDAS
1. Axuda a gastos loxísticos e de transporte de envíos da empresa comercializadora de
produtos finais ao domicilio das persoas consumidoras finais. A axuda será de de 3 € por
envío contratado con empresas loxísticas externas.
2. Axuda do 100 % dos seguintes gastos da actividade:
- O pagamento por estar nalgunha plataforma de e-commerce local.
- O pagamento por licenza de uso de software de venta en liña.
- Gastos de publicidade en redes sociais.
- Gastos correntes de seguridade motivadas polo COVID-19 entre os que están, os gastos en máscaras, luvas, desinfectante, limpeza, anteparos, asesoramento en prevención de riscos laborais.
- Gastos de subministracións e de telecomunicacións.
3. Axudas máximas (para o punto un deste artigo):
– Para a persoa autónoma individual 300 €.
– Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea 450 €.
– Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea 600 €.
A axuda máxima (para o punto dous deste artigo):
– Para a persoa autónoma individual 600 €.
– Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea 900 €.
– Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea 1.200 €.
Ambas as axudas son compatibles polo que as axudas máximas do punto un máis do dous deste artigo serán:
– Para a persoa autónoma individual, 900 €.
– Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea, 1.350 €.
– Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea, 1.800 €.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes deberanse
presentar obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado
dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
DOCUMENTACIÓN
1. A solicitude deberase presentar no modelo normalizado que figura como anexo I, xunto con:
a) Cando se actúe mediante representación, poder suficiente da persoa representante
para actuar en nome da persoa representada.
b) Un orzamento feito pola persoa ou entidade solicitante cos conceptos polos que solicita a axuda e a cantidade que solicita para cada un deles, tendo en conta que a axuda máxima vén definida se a persoa autónoma é individual o ten persoas traballadoras, segundo o anexo II.
c) Declaración responsable de que non recibiu a axuda do cesamento temporal de actividade polo COVID-19, do número de persoas traballadoras contratadas por conta allea na empresa, de que a empresa tivo unha diminución da facturación superior a un 50 % comparando a facturación do segundo trimestre de 2020 coa do primeiro trimestre de 2020, de que o rendemento neto en 2019 da empresa foi inferior a 30.000 €, que a facturación do ano anterior foi igual ou superior a 12.000 € IVE incluído, segundo o anexo III.
d) Certificado de alta na mutualidade desde a data da solicitude e no período dos doce meses anteriores á declaración do estado de alarma, no caso dos mutualistas.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte a data de
publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, cumprindo o disposto no artigo 29
do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establece un período mínimo
dun mes.
Data de publicación das bases: 06/07/2020