AXUDAS IGAPE: PROGRAMA CHEQUE DIXITALIZACIÓN COVID-19
Estas liña de axuda están dirixidas a impulsar os procesos de dixitalización máis axeitados que permitan ao comercio, autónomos e ás pequenas e medianas empresas reforzar a súa actividade.
Orde de axudas IGAPE-IG278
Código de procedemento IG300E
PROGRAMA CHEQUES DIXITALIZACIÓN COVID-19 (IG300E)
FINALIDADE
Axudas
a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola
COVID19.
BENEFICIARIOS
Micropemes incluíndo autónomos de menos de 10 traballadores dos sectores comercio, perruquerías, turismo, hostalería e transporte.
1. Poderán ser beneficiarios destas
axudas as entidades con centro de traballo en Galicia comprendidas en algunha
das seguintes categorías:
a) Microempresas (inclúe autónomos que cumpran a condición de microempresa) que
desenvolvan a súa actividade en algún dos seguintes sectores:
i. Hostalería e turismo - CNAES 55 (servizos de aloxamento), 56 (servizos de
comidas e bebidas), 7711 (aluguer de automóbiles e vehículos a motor lixeiros),
7721 (aluguer de artigos de ocio e deportes), 79 (Actividades de axencias de
viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas
cos mesmos), 9004 (xestión de salas de espectáculos), 91 (Actividades de
bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais), 93 (Actividades
deportivas, recreativas e de entretemento).
ii. Comercio polo miúdo - CNAE 45 (Venta e reparación de vehículos de motor e
motocicletas) e 47 (Comercio polo miúdo, excepto de vehículos de motor e
motocicletas).
iii. Transporte- Rama-H- da CNAE (transporte e almacenamento).
iv. Perruquería e estética persoal, tintorerías, servizos de reparación e
outros CNAE 95 (reparación de ordenadores, efectos persoais e artigos de uso
doméstico), 9601 (Lavado e limpeza de prendas téxtiles e de pel), 9602
(perruquería e outros tratamentos de beleza), 9603 (Pompas fúnebres e
actividades relacionadas), 9604 (actividades de mantemento físico) e 9609
(outros servizos persoais n.c.o.p.).
v. Os seguintes epígrafes de formación: 8532 (Educación secundaria técnica y
profesional) e 855 (Outra educación).
b) As seguintes entidades da economía social: sociedades cooperativas galegas,
sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.
Deben cumprir a definición de Peme . Quedan excluídas deste epígrafe as
entidades dedicadas os sectores da pesca e da acuicultura e as entidades
dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.
c) Entidades do tecido asociativo empresarial e laboral, como poden ser asociacións
empresariais, clusters, colexios profesionais ou cámaras.
2. Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de atoparse
ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade
Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da
concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido.
3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas nas que concorra
algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007,
ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei, as empresas que estean
suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da
Comisión Europea.
CONTÍA DA AXUDA
80%
ata 9.600€.
TIPO
Subvención
a fondo perdido para proxectos entre 1.500 e 12.000€.
INVESTIMENTO A APOIAR
-
Activos
dos seguintes tipos:
o
Equipos informáticos e outro
equipamento electrónico.
o
Licencias de Software estándar de
mercado.
o
Dispositivos de conectividade cando o traballo
se desenvolva nunha zona rural na que se deban
realizar gastos extraordinarios para adaptar a conexión a necesidades de acceso
a redes.
-
Gastos
de subscrición a software aboados por parte do solicitante durante
o período do gasto subvencionable.
-
Colaboracións
externas encamiñadas á adaptación e personalización dos
sistemas dixitais e
ao adestramento sobre a súa aplicación e uso.
RÉXIME
Concorrencia
non competitiva.
PRAZO DE SOLICITUDE
O
prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á
publicación desta convocatoria no DOG e finalizará o 30 de setembro de 2020,
agás esgotamento do crédito.
PRAZO DE EXECUCIÓN DOS PROXECTOS
Serán subvencionables os gastos realizados entre o 15 de marzo de 2020 e a data límite de xustificación establecida na resolución de concesión.