AXUDAS IGAPE: REACTIVA SERVIZOS E TURISMO SEGURO
O obxectivo é contribuír a xerar confianza nos consumidores mediante a adopción de medidas para crear espazos seguros.
Ampliación do prazo de xustificación ata o 15 de decembro de 2020
O prazo de presentación comezará o 26/06/2020
Ampliación do prazo de presentación ata o 17 de agosto de 2020.
Orde de axudas IGAPE-IG280 e IG281
Código de procedemento IG524D
NOTA IMPORTANTE: Os proxectos de sectores non turísticos obxecto de apoio e as actuación consecuentes deben derivar do informe de autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia.
https://www.comerciosegurogalicia.gal/register
Beneficiarios potenciais
1. Poderán ser beneficiarias destas
axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que sexa a súa forma
xurídica (inclúe autónomos) polo que tamén poderán acceder á condición de
beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou
privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou
patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan
levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na
situación que motiva a concesión da subvención.
2. Exímese ás persoas beneficiarias desta subvención do requisito de atoparse
ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade
Social ou fronte á Administración pública da Comunidade Autónoma, no momento da
concesión da axuda e do pagamento do anticipo concedido. No momento da
xustificación, os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa
Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
3. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas nas que concorra
algunha do resto de circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007,
ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei, as empresas que estean
suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da
Comisión Europea.
Ademáis deberán cumprir as seguintes condicións:
- Que desenvolvan a súa actividade en Galicia polo menos nun centro de
traballo.
- Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de 50 traballadores.
- Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no
Anexo I.
Sectores incentivables
Epígrafes do IAE que se relacionan no Anexo I:
Actividades
subvencionables
(segundo
a clasificación de actividades do imposto sobre actividades económicas-IAE)
– Sección 1: Actividades
empresariais servizos.
Agrupación
61. Comercio por xunto.
Agrupación
62. Recuperación de produtos.
Agrupación
63. Intermediarios do comercio
Agrupación
64. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco realizado en
establecementos permanentes.
Agrupación
65. Comercio polo miúdo de produtos industriais non alimenticios realizadoen
establecementos permanentes. (Excepto epígrafe 652.1.- Farmacias: Comercio polo
miúdo
de medicamentos, produtos sanitarios e de hixiene persoal).
Agrupación
66. Comercio mixto ou integrado; comercio polo miúdo fóra dun establecemento
comercial permanente (ambulancia, mercadillos e mercados ocasionais ou
xornais);
comercio
en réxime de expositores en depósito e mediante aparellos automáticos; comercio
polo miúdo por correo e catálogo de produtos diversos.
Agrupación
69. Reparacións.
Grupo
721. Transporte de viaxeiros. (Excepto epígrafe 721.2.- Transporte por
autotaxis).
Grupo
722. Transporte de mercadorías por estrada.
Grupo
731. Transporte marítimo internacional (Excepto epígrafe 731.2.- Transporte
marítimo internacional de mercadorías.)
Grupo
733. Transporte de cabotaxe e por vías navegables interiores (Excepto epígrafe
733.2.-
Transporte de cabotaxe e por vías navegables interiores de mercadorías.)
Grupo
751. Actividades anexas ao transporte terrestre.
Agrupación
76. Telecomunicacións
Agrupación
81. Institucións financeiras.
Agrupación
82. Seguros.
Agrupación
83. Auxiliares financeiros e de seguros. Actividades inmobiliarias.
Agrupación
84. Servizos prestados ás empresas.
Agrupación
85. Aluguer de bens mobles.
Agrupación
86. Aluguer de bens inmobles.
Agrupación
92. Servizos de saneamento, limpeza e similares.
Epígrafe
931.1.- Gardería e ensino de educación infantil, exclusivamente.
Grupo
933. Outras actividades de ensino.
Grupo
936. Investigación científica e técnica.
Grupo
943. Consultas e clínicas de estomatoloxía e odontoloxía.
Grupo
945. Consultas e clínicas veterinarias.
Grupo
952. Asistencia e servizos sociais para nenos, mozos, diminuídos físicos e
anciáns, en centros non residenciais.
Agrupación
96. Servizos recreativos e culturais.
Agrupación
97. Servizos persoais
Agrupación
98. Parques de recreo, feiras e outros servizos relacionados co espectáculo. Organización
de congresos. Parques ou recintos feirais.
–
Seccion 1: Actividades empresariais turismo.
Agrupación
67. Servizo de alimentación.
Agrupación
68. Servizo de hospedaxe.
Grupo
755. Axencias de viaxe.
Agrupación
96. Servizos recreativos e culturais, que estean escritos no Rexistro de
Actividades Turisticas de Galicia (REAT).
Agrupación
98. Parques de recreo, feiras e outros servizos relacionados co espectáculo.
Organización
de congresos. Parques ou recintos feirais, que estean escritos no Rexistro de
Actividades
Turisticas de Galicia (REAT).
Epigrafe
942.2 Balnearios e baños.
–
Seccion 2: Actividades profesionais. Todas as agrupacións excepto: Grupo 831.
Médicos de Medicina Xeral. Grupo 832. Médicos especialistas (excluídos
Estomatólogos e Odontólogos). Grupo 835. Farmacéuticos.
Requisitos principais do proxecto
1. Agás as empresas e autónomos adicados
a actividades turísticas, segundo a relación detallada de actividades
subvencionables contida no anexo I, os proxectos subvencionables terán que
incluír un conxunto de actuacións de entre as descritas no artigo 1.2, aliñadas
coas recomendacións do autodiagnóstico efectuado coa ferramenta
ComercioSeguroGalicia.
2. Para as axudas previstas no artigo 7.1 - (IG280) o importe dos proxectos
subvencionables estará comprendido entre 300 e 1.200 euros. Para as axudas
previstas no artigo 7.2 (IG281), o importe dos proxectos subvencionables estará
comprendido entre 1.500 e 3.750 euros.
3. En ningún caso o custo dos gastos e dos investimentos subvencionables poderá
ser superior ao valor de mercado.
Investimentos ou gastos computables
Serán subvencionables os
gastos e investimentos realizados entre o 15 de Marzo de 2020 e a data límite
de xustificación establecida na resolución de concesión, necesarios para
desenvolver as actividades descritas no artigo 1.2.
Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos que inclúan unha
ou varias das seguintes actuacións:
1. Medidas de protección dos empregados e clientes nos espazos de traballo,
tales como:
- Pantallas protectoras para mostradores e zonas de caixa.
- Vinilos adhesivos para a delimitación no chan de zonas seguras, marcación dos
fluxos de clientes, de marcación de posicionamento e a da distancia de
seguridade interpersoal.
- Dispositivos de control de aforos e de sistemas de conteo de clientes ou
outro sistema para garantir a distancia entre clientes.
- Dispositivos de control de temperatura.
- Calquera outra medida das recomendadas pola autoridade sanitaria que permita
incrementar a protección dos empregados e clientes.
2. A adaptación dos espazos de traballo para reducir o contacto do cliente con
elementos ou superficies e evitar a súa contaminación, tales como:
- Portas de apertura automática.
- Instalación de puntos de autopago.
- Sensores de luz.
- Calquera outra medida ou dispositivo para minimizar o contacto.
3. A adquisición de medios de protección e hixiene para empregados e clientes:
máscaras protectoras individuais, máscaras para o persoal da empresa, luvas,
calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcólicos e calquera outro para
a protección persoal que sexa adecuada á específica actividade que se
desenvolve na empresa. A cantidade destinada a este apartado non poderá exceder
do 20% do total de actuacións subvencionables; consecuentemente, ningún proxecto
poderá constar únicamente de actuación contempladas neste epígrafe.
4. A instalación de equipos de desinfección de superficies, ambientes e
produtos.
5. A contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar
desinfeccións de forma periódica. A cantidade destinada a este apartado non
poderá exceder do 20% do total de actuacións subvencionables, para un período
máximo de prestación de servizos de 6 meses. Consecuentemente, ningún proxecto
poderá constar únicamente de actuación contempladas neste epígrafe.
6. A adquisición de equipos ou realización de obras que permitan a ventilación
e renovación do aire do establecemento.
7. Cartelaría e puntos de informacións, físicos ou dixitais, sobre as medidas
de prevención ante a COVID-19, implementadas no establecemento.
8. De xeito excepcional, outros que
poidan contribuír a protexer a saúde das persoas empresarias, empregadas e
clientes fronte ao COVID-19, o cal se motivará na resolución de concesión.
9. Capacitación específica das personas traballadoras para aplicar os
protocolos adaptados ás normativas e recomendacións sanitarias fronte ao
COVID-19.
10. Gastos externos (consultoría, análises, custo da certificación y similares)
aplicados á obtención de certificacións para cumprimento de protocolos e
medidas.
Tódolos equipamentos e materiais adquiridos en calquera das actuacións
anteriores deben cumprir as normas e directivas que son necesarias para a
fabricación de equipos de protección individual, material sanitario e outros
produtos necesarios para a loita contra o COVID-19. Unha guía orientativa desta
normativa está dispoñible en:
https://marketplacecovid19.gal/info/normas-e-directivas-para-fabricacion-de-produto
En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor,
nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.
Contía das axudas
IG280 - Para as pemes adicadas a
actividades turísticas, segundo a relación detallada de actividades
subvencionables contida no anexo I; que empreguen menos de 10 traballadores, e
con proxectos de gasto subvencionable entre 300 e 1.200 euros, a intensidade de
axuda será do 100 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo por
solicitante de 1.200 euros. Estas pemes tamén poderán optar pola modalidade de
axuda descrita no parágrafo seguinte, renunciando expresamente ás previstas
neste parágrafo.
IG281 - Para o resto das empresas beneficiarias, previstas na presente orde, a
contía da axuda será do 80 % dos conceptos subvencionables, cun límite máximo
por solicitante de 3.000 euros.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de
axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario
Oficial de Galicia e finalizará o 31 de xullo de 2020, agás que se produza o
suposto de esgotamento do crédito.