BANNER-AXUDAS-2024.jpg

AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN DA PERSOA TRABALLADORA AUTÓNOMA

ORDE do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, que rexerán as axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341R).


Acción subvencionables e importe da subvención

1. Bono autónomo Concilia I.

a) Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma para a substitución nos casos de maternidade ou paternidade, unha vez iniciado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, e pola duración desta. Tamén será subvencionable a contratación dunha persoa traballadora para a substitución da traballadora autónoma no caso de baixa por risco durante o embarazo ou a lactancia, e pola duración da dita baixa.

a.1) No caso de autónomas embarazadas ou persoas autónomas en proceso de adopción, o contrato de substitución será subvencionable ata dous meses antes do inicio do seu período de descanso, co fin de posibilitar a transferencia do coñecemento necesario á persoa contratada que posibilite o mantemento da actividade durante a correspondente baixa.

a.2) Igualmente, incentívanse os contratos indefinidos realizados coa mesma persoa contratada por substitución, unha vez rematado o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento.

b) Serán subvencionables as contratacións que cumprindo cos requisitos enumerados nos parágrafos anteriores se inicien entre o 30 de setembro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024.

c) O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 1.100 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, e polo período de duración da baixa de maternidade ou paternidade, salvo nos casos previstos na letra a.1) anterior.

Nos supostos de risco durante o embarazo o período máximo que se terá en conta para a axuda será de oito meses de contratación, sendo, polo tanto, o importe máximo que se pode percibir de 8.800 €.

No caso de transformación do contrato de substitución en contrato indefinido unha vez rematado o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento, o importe da subvención será de 7.500 €, e acadará os 9.000 €  cando a persoa se encadre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:

a) Muller.

b) Persoas desempregadas de longa duración no momento do contrato de substitución.

c) Maiores de 52.

d) Persoas con discapacidade.

e) Persoas en situación ou risco de exclusión social.

f) Persoas emigrantes retornadas.

g) Persoas estranxeiras.

d) As contías previstas no punto anterior reduciranse proporcionalmente nos casos en que a xornada sexa a tempo parcial, de, polo menos, o 50 %, ou nos períodos en que a substitución sexa inferior a un mes.

2. Bono autónomo Concilia II.

a) Será subvencionable a contratación indefinida realizada por unha persoa traballadora autónoma, para o coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

b) Serán subvencionables as contratacións que, cumprindo cos requisitos enumerados no paragrafo anterior, se inicien entre o 30 de setembro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024.

c) O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 7.500 €, e acadará os 9.000 € cando a persoa se encadre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:

a) Muller.

b) Persoas desempregadas de longa duración.

c) Maiores de 52.

d) Persoas con discapacidade. e) Persoas en situación ou risco de exclusión social.

f) Persoas emigrantes retornadas.

g) Persoas estranxeiras.

d) As contías previstas no punto anterior reduciranse proporcionalmente nos casos en que a xornada sexa a tempo parcial de, polo menos, o 50 %.

3. Bono autónomo Concilia III.

a) Será subvencionable o 75 % dos custos do centro ou do servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, ata un máximo de 3.000 €. Os custos deberán ser corresponder a gastos incluídos no período subvencionable, que comprende do 30 de setembro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024, e os centros e servizos estean situados na Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de menores serán subvencionables os servizos de coidado que xurdan en períodos de vacacións escolares, cando os centros educativos están pechados polas ditas vacacións, segundo o calendario escolar oficial.

b) Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso de IVE.

c) Os servizos deben ser contratados con provedores que se dediquen á actividade obxecto da subvención.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, así como as persoas mutualistas; así mesmo, poden ser beneficiarias as persoas membros das sociedades mercantís, laborais e civís e comunidades de bens, a título individual, sempre e cando cumpran os seguintes requisitos no momento da solicitude:

a)    Ter o seu domicilio fiscal na comunidade autónoma de Galicia.

b)   b) Desenvolveren a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.

Para ter dereito á axuda a persoa traballadora autónoma ten que cumprir os seguintes requisitos:

a)    Bono Autónomo Concilia I: Para ser beneficiaria desta axuda a persoa solicitante ten ou tivo que estar de baixa por maternidade ou paternidade, ou situacións asimiladas. O contrato que se vai realizar será de substitución, ou contrato indefinido, segundo o caso.

b)   Bono Autónomo Concilia II: Para ser beneficiaria desta axuda o solicitante ten que acreditar a súa relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade o afinidade coa persoa menor, maior e/ ou persoa con discapacidade ou dependencia,. No caso de non existir a relación de parentesco prevista no parágrafo anterior deberase acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e/ou dependente e con grado de discapacidade igual ou superior o 33 %, como mínimo, nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude. No caso de menores acollidos non será necesario acreditar a convivencia previa.

c)    Bono Autónomo Concilia III: Para ser beneficiario desta axuda, a persoa solicitante terá que acreditar a contratación dun centro ou servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoa con discapacidade ou dependencia. No caso de non existir a relación de parentesco prevista no parágrafo anterior, deberase acreditar a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e/ou dependente e con grao de discapacidade igual ou superior o 33 %, como mínimo, nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude.

Para máis información podes acceder no seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240124/AnuncioG0656-030124-0001_gl.pdf