BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS 2022
ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR341Q)
O prazo estará
aberto entre o 14 de xaneiro e o 14 de febreiro.
A finalidade é
a de apoiar a persoas autónomas consolidadas que:
- Estean
de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade
de colexio profesional,
- Teñan domicilio
fiscal en Galicia,
- Teñan
unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou
profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por
un prazo superior a 42 meses e
- Teñan un
rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas
declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e
unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE
incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.
Esta axuda
concédese para a mellora da competitividade da actividade empresarial
ou profesional das persoas autónomas beneficiarias, mediante pagamento
anticipado, cunha subvención dun 80% da actividade que se
subvencione cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto de
actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa
beneficiaria.
Nesta
convocatoria se contou novamente con dúas liñas de actuación:
Liña 1: Mellora da
competitividade a través dos seguintes servizos
- Plan
estratéxico do negocio
- Plan de
reorientación do negocio
- Plan de
refinanciamento
- Plan de
márketing
- Plan de
eficiencia enerxética
- Plan de
biodiversidade
- Plan de
comunicación do negocio
- Plan de
transformación dixital
- Outros
estudos e plans que teñan como fin aumentar a competitividade
- O
cofinanciamento privado dos servizos contratados co IGAPE a través do
programa Re-Acciona na súa convocatoria do 2021
Liña 2: Mellora da
competitividade a través dos seguintes investimentos
- Compra de
maquinaria
- Compra
e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética
- Investimentos
para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou
escasos
- Compra de
utensilios e ferramentas
- Reforma
do local do negocio
- Equipamento
informático
- Equipamento
de oficina e/ou negocio
- Rótulos
- Aplicacións
informáticas, páxinas web, apps e redes sociais
- Deseño de
marca
Na solicitude
de axudas, as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os
distintos servizos e investimentos que as configuran. O importe máximo que se
pode percibir por ambas as liñas é de 3.000 €.
No caso de reforma do local do negocio, exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade do negocio.