BONOS ACTIVA COMERCIO
A Xunta anuncia a ampliación do prazo para consumir os Bonos Activa Comercio ata o 31 de outubro de 2021.
Ampliación de prazo para a adhesión de comercios:
O prazo para a adhesión dos comercios retallistas ao Programa de dinamización e incentivación do consumo a través dos bonos Activa comercio amplíase ata o 31 de maio
de 2021.
Listado de Establecementos de Redondela onde podes consumir os teus Bonos Activa Comercio.
Cliente! Date de alta e consegue o teu bono de desconto.
Para adherir o teu comercio entra neste enlace: ADHERIR COMERCIO
Apertura do prazo de adhesión dos comercios
interesados A PARTIR DE MAÑA 15-4-2021
Os establecementos comerciais retallistas que desexen
adherirse ao programa bonos Activa comercio deberán rexistrarse a través da web
https://www.bonosactivacomercio.gal
e indicar a seguinte información:
• Nome e apelidos ou razón social.
• Establecemento comercial en Galicia.
• NIF ou CIF.
• Nome, apelidos e DNI ou NIE da persoa representante.
• Nome comercial. • Enderezo do establecemento comercial.
• Número de teléfono móbil.
• Correo electrónico.
• IAE (incluído no anexo I).
• Data de alta da actividade comercial.
• Número de persoas traballadoras da empresa ou autónomo.
• IBAN da conta bancaria.
• Páxina web do establecemento comercial.
O prazo para adherirse ao programa será dun mes contado
desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de
Galicia, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei
39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas.
IMPORTE
DO BONO
Cada bono terá un valor de 30 €
– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 30 € e
inferiores a 50 €
– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Todas estas contías enténdense co IVE incluído.
Os comerciantes adheridos ao programa recibirán cunha
periodicidade semanal, na conta bancaria indicada para tal efecto, a cantidade
equivalente aos bonos trocados no seu establecemento.
Obrigas
dos establecementos comerciais:
a) Cumprir coas medidas de
prevención de riscos sanitarios e laborais fronte á COVID-19. Para estes
efectos, os comercios retallistas poderán empregar a plataforma Comercio Seguro
da Dirección Xeral de Comercio e Consumo a través da páxina web https://www.comerciosegurogalicia.gal.
b) Anunciar no exterior do
establecemento, nun lugar visible, a adhesión ao programa mediante a colocación
dos correspondentes materiais publicitarios coa imaxe corporativa do programa
bonos Activa comercio.
c) Facer o desconto directo do
bono no tícket ou factura de compra emitido, de xeito que o usuario non chegue
a realizar, en ningún caso, o desembolso do importe descontado.
d) Especificar por escrito na
zona de caixa, de forma visible, a política de devolución establecida no punto
6 do artigo 16.
e) Someterse ás actuacións de
comprobación e vixilancia necesarias por parte da Dirección Xeral de Comercio e
Consumo para verificar o adecuado funcionamento e xestión dos bonos e do
programa en xeral.
f) Conservar durante un ano todos
os tíckets de compra ou facturas xustificativas da aplicación dos bonos, en
tanto podan ser obxecto de comprobación e control por parte da Dirección Xeral
de Comercio e Consumo.
g) Custodiar con dilixencia as
claves de acceso á plataforma co fin de evitar o seu uso indebido,
comprometéndose a non facilitarllas a outras persoas ou establecementos.
LISTADO DE EPÍGRAFES.
Grupos e epígrafes do IAE:
651.1. Comercio polo miúdo de produtos téxtiles, confeccións
para o fogar, alfombras e similares e artigos de tapizaría.
651.2. Comercio polo miúdo de toda clase de pezas para o
vestido e toucado.
651.3. Comercio polo miúdo de lenzaría e corsetería.
651.4. Comercio polo miúdo de artigos de mercería e
paquetaría.
651.5. Comercio polo miúdo de pezas especiais.
651.6. Comercio polo miúdo de calzado, artigos de pel e
imitación ou produtos substitutivos, cintos, carteiras, bolsos, maletas e
artigos de viaxe en xeral.
651.7. Comercio polo miúdo de confeccións de peletaría.
652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría,
perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e
outros produtos para a decoración e de produtos químicos.
652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e
cosmética, e artigos para a hixiene e o aseo persoal.
652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en
herbolarios.
653.1. Comercio polo miúdo de mobles (agás os de oficina).
653.2. Comercio polo miúdo de material e aparellos
eléctricos, electrónicos, electrodomésticos e outros aparellos de uso doméstico
accionados por outro tipo de enerxía distinta da eléctrica, así como de mobles
de cociña. 653.3. Comercio polo miúdo de artigos de enxoval, ferraxaría,
adorno, agasallo ou reclamo (incluíndo bixutería e pequenos electrodomésticos).
653.9. Comercio polo miúdo doutros artigos para o
equipamento do fogar NCOUP.
656. Comercio polo miúdo de bens usados tales como mobles,
roupa e enxoval ordinario de uso doméstico.
657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral,
así como dos seus accesorios.
659.1. Comercio polo miúdo de selos, moedas, medallas
conmemorativas, billetes para coleccionistas, obras de arte e antigüidades,
minerais soltos ou en coleccións, fósiles, insectos, cunchas, plantas e animais
disecados. 659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e de máquinas e
equipamentos de oficina.
659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos
médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.
659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de
papelaría e escritorio, e artigos de debuxo e belas artes.
659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiería, reloxaría,
prataría e bixutería.
659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte,
pezas deportivas de vestido, calzado e toucado, armas, cartucharía e artigos de
pirotecnia.
659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes,
flores e plantas e pequenos animais.
659.8. Comercio polo miúdo denominado sex-shop.
659.9. Comercio polo miúdo doutros produtos non
especificados nesta agrupación, excepto os que deban clasificarse na epígrafe
653.9. 972.1. Servizos de barbaría de señora e cabaleiro.
972.2. Salóns e institutos de beleza e gabinetes de estética.
653.6. Comercio polo miúdo de artigos de bricolaxe.