CAMPAÑA 8M
O papel da muller na empresa e o valor do emprendemento feminino pretenden ser os protagonistas desta campaña que se desenvolverá ao longo de todo o mes de marzo.
Con motivo da celebración o vindeiro 8 de MARZO do Día
Internacional da Muller a Asociación de Empresarios de Redondela pon
en marcha durante o mes de marzo unha serie de iniciativas para por en valor o
papel da muller na empresa e na sociedade en xeral que culminará o
vindeiro 30 de marzo cun encontro de mulleres empresarias e
emprendedoras.
A campaña pretende divulgar iniciativas empresariais
lideradas por mulleres da localidade e fomentar o networking entre empresa de
calquera procedencia que redunde no desenvolvemento dos seus proxectos
empresariais.
As accións previstas comprenden:
CAMPAÑA DE DIVULGACIÓN DIXITAL DE INICIATIVAS
EMPRESARIAIS E COMERCIAIS LIDERADAS POR MULLERES. Para realizar acción
solicitamos a colaboración de todas as mulleres asociadas. Dita colaboración
consiste simplemente en cubrir unha pequena entrevista en enviarnos unha foto
que divulgaremos na landing da campaña e a través das redes sociais.
EXPOSICIÓN O MAR TAMÉN TEN MULLERES. O venres día 3 de marzo faremos a presentación desta
exposición na Praza de Abastos de Redondela.
ENCONTRO DE MULLERES EMPRESARIAS E EMPREDEDORAS
O encontro que será a última das actividades previstas neste mes dedicado á muller empresaria e emprendedora, terá lugar o 30 de marzo.