CAMPAÑA DE NADAL 2020

Do 15 ao 5 de Xaneiro ponse en marcha a campaña de premios

DENDE O 15 DE DECEMBRO ATA O 5 DE XANEIRO AS COMPRAS NO COMERCIO DE REDONDELA TEÑEN PREMIO. VALES DE COMPRA E PREMIOS DIRECTOS POR VALOR DE MÁIS DE 6.000€ PARA PROMOCIONAR  O COMERCIO LOCAL.

 

A PRAZA DE ABASTOS PREMIOS ESPECIALES APORTADOS POLO CONCELLO DE REDONDELA 16 LOTES DE NADAL E BOLSAS REUTILIZABLES.


A Asociación de Empresarios de Redondela ven de presentar a campaña de premios de Nadal que estará presente en Redondela e Chapela e nas prazas de Abastos. Unha campaña de premios pola compras de Nadal que quere incentivar o consumo na localidade nun ano no que as clásicas actividades de ocio de Nadal que viñan enchendo a Vila de xente non será posible realizar.

 

BOLSAS COMERCIAIS

A Asociación de Empresarios realiza unha importante aportación de máis de 20.000  Bolsas comerciais para axudar o comercio da localidade. Este ano as Bolsas teñen como protagonista un dos signos de identidade da localidade a Ponte de Rande, imaxe que se emprega en toda a cartelería da campaña e convidan á clientela a quedar en Redondela e consumir no comercio local. “#enredondela”.


PRAZAS DE ABASTOS

Como apoio á Campaña o Concello de Redondela aporta 16 lotes de nadal que e 750 bolsas reutilizables que se sortean entre as compras realizadas nas prazas de abastos.

A praza de abastos de Redondela, está a sufrir pequenas transformacións que van dando cor e modernizando a imaxe da praza grazas ao traballo da Asociación de Empresarios de Redondela en colaboración coa Asociación de praceiros se ven desenvolvendo no último ano dende que Marga Pérez, para a ocupar o cargo de vicepresidencia segunda da Asociación de Empresarios de Redondela.