banner-web-sombra.gif

CAMPAÑA DE NADAL 2021/22

A campaña de premios por compras en Redondela sortea 3.000€ en vales de compra e centros de premios directos.





Os boletos premiados deberán presentarse na sede da Asociación de Empresarios de Redondela, de luns a venres, en horario de 9:00h -15:00h.










CAMPAÑA DE PREMIOS

A Campaña de Nadal comprende un conxunto de actuacións para a dinamización das compras no comercio local que pivotan en torno a unha gran campaña de premios dotada con 3.000€ en vales de compras.


Pero ademáis cada comercio ten a súa microcampaña agochada baixo este mesmo mecanismo de boletos, de modo que poderemos ser os afortunados gañadores de centos de premios directos coas nosas compras no comercio local.


Son case 100 os establecementos que participan nesta campaña e terán de prazo entre o 10 de decembro e o 10 de xaneiro para repartir os 40.000 boletos da sorte.




Adicionalmente a Praza de Abastos tamén contará con sorpresas particulares, neste caso o 22 de decembro a gran Ruleta da Sorte  estará durante toda a maña na praza de abastos repartindo multitude de premios e vales de comprar para consumir no mercado.




DECORACIÓN COMERCIAL EXTERIOR.



A decoración das fachadas dos comercios é unha das accións que máis nos chama a atención xa que cando todos os comercio comparten unha mesma decoración vólvense máis visible e nos percatamos mais facilmene da gran cantidade de establecementos que temos na vila.

Dous gnomos flaquean as entradas dos establecementos unha mensaxe "Bo Nadal Redondela"

 

ACTIVIDADES DE OCIO E ATRACCIÓNS

Este Nadal, Redondela conta cunha zona especial con atraccións para o esparexemento do máis pequenos. E, de novo, comprar no comercio local, volve a ter vantaxes xa que polas compras se poden conseguir vales desconto para gozar destas atraccións a un prezo moito menor.

 

CARTAS REAIS E BUZÓNS.

Os establecementos da vila poñen a disposición de todos os interesados en remitir a súa misiva a Papa Nöel ou aos Reis Magos as Cartas Reais que nos fixeron chegar este año e que poderán depositalas nos distintos Buzóns Reais que están colocados en distintas áreas da zona comercial de Redondela e Chapela.

 

Están previstas outras actividades que en todo caso están pendentes da meteoroloxía xa que se pretenden realizar na rúa, como é a instalación dun stand de empaquetado de Nadal.

A programación de Nadal e Redondela non fixo máis que comezar, mirar aquí toda a programación de actividades https://cutt.ly/1YvyGe0

Descargar programa


Documentos relacionados