CAMPAÑA DE NADAL 2022/23
Este Nadal os rascas da sorte traen miles de premios e o sorteo de 3.000€ en vales de comprar por mercar nos establecementos de Redondela.
Comproba os teus rascas da Campaña de Nadal do Comercio de Redondela. Estes son os 30 números gañadores:
Este venres 9 de decembro o comercio local presenta a súa campaña de Nadal. Unha campaña que ven marcada por unha decoración temática baseada no conto dos Crebanoces que traerá sorpresas durante o Nadal.
Co acendido da luces de Nadal en Redondela e Chapela o sábado 10 e domingo 11, respectivamente, toda Redondela énchese da maxia do Nadal na que o comercio de proximidade aposta por ofrecer a súa clientela as mellores ideas para regalar, premios directos e un gran sorteo final de 3.000€ en vales de compra.
Máis de 4.000 premios directos, con ata 8.000€ en premios directos en efectivo e 1.000 agasallos sorpresa estarán escondidos nos rascas dos establecementos da localidade tanto de Redondela como de Chapela. Nunha aposta clara e decidida por os comercios de ambas zonas comerciais a mesma altura.
Ademais a Praza de Abastos contará coa tan exitosa RULETA DA SORTE. A primeira xornada da ruleta celebrarase o día 23 de decembro na propia praza de Abastos de Redondela. Os premios máis frescos do Nadal daranse cita nesta sorprendente ruleta. O día 23 antes do inicio da ruleta, previsto para as 11:30h, terá lugar o sorteo dos 3 depósitos de carburante.
“POLO NADAL MERCA NO
NOSO COMERCIO LOCAL” .
A E.E.I A MARISMA E
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS XÚNTANSE NUNHA INICIATIVA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE
AS COMPRAS LOCAIS.
Sempre é un bo momento para sensibilizar sobre a
importancia do consumo no comercio local, pero, si compre, no Nadal aínda mais
e así votou a andar unha colaboración da Asociación de Empresarios de Redondela
e a E.E.I A MARISMA na que participaron 108 nenos e nenas do centro educativo.
A iniciativa consistiu na elaboración de 7 grandes creacións gráficas con slogans sobre o consumo no comercio local. A carteleria está a ser distribuída pola Asociación de empresarios de Redondela por todos os negocios da localidade.