BANNER-WEB-SOMBRA-SAN-VALENTÍN.png

CAMPAÑA DE SAN VALENTÍN 2025

O comercio local envolve con mimo o que ti elixes con cariño. Así nos presenta o comercio de Redondela unha nova campaña de dinamización e posta en valor do comercio local. Entérate aquí de todo o que podes gañar.



ESTE SAN VALENTÍN A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA PON EN MARCHA UNHA SINGULAR INICITATIVA PARA POR EN VALOR O COIDADO DOS DETALLES DO PEQUEÑO COMERCIO E NA QUE A CLIENTELA E SEGUIDORES DAS TENDAS LOCAIS PODERÁN GAÑAR UN EXCLUSIVO VALE DE COMPRA.

 

Elixir mercar no pequeno comercio marca a diferencia, na mentres outros formatos comerciais no coidan os detalles nin a presentación do produto os comercios tradicionais, auténticos formatos de venda minorista tradicional, poñen en valor os detalles dos agasallos preparando e envolvendo con mimo e de forma personalizada cada paquete. Así no lo mostra a Asociación de Empresas de Redondela a través dun singular concurso na que cada comerciante foi fotografado amosando un paquete de regalo recen envolvo durante as xornadas de venda da Campaña de San Valentín.

 

 ¿QUERES SABER COMO PARTICIPAR? CONTÁMOSCHO.


A singularidade desta iniciativa non so está en amosar a arte do packaging dos comercios senón tamén en que cada comercio deberá fomentar que os seus clientes e seguidores nas redes sociais dean “me gusta” nas súas fotos xa que realizarase un sorteo dun vale regalo de 250€ entre todos os perfís que lle teñan dado a “me gusta” que solo se poderá gastar no establecemento que resulte gañador grazas ao “like” do seu cliente ou seguidor. A clientela participante poderá dar a “me gusta” a todos a fotos que queira e a que resulte gañadora será onde poida consumir o seus vale. Ademais o perfil da persoa gañadora deberá ser seguidora da páxina da rede social da asociación na que participe.

 

Neste singular concurso será a clientela a que faga gañador a comercio co mellor packaging de San Valentín.

 

As fotos publicaranse o venres 14 nas redes sociais da Asociación Empresas Redondela, coincidindo coa celebración de San Valentín e computaranse todos os votos acadados ata ás 11:00h a.m. do luns 24 de febreiro  para posteriormente realizarse o sorteo entre todos es perfís que teñan indicado "me gusta" ou "me encanta".

 


1️⃣ Dalle “me gusta” ou “me encanta” ás fotos cos packging de San Valentín dos comercios de Redondela que máis che gusten.

2️⃣ Segue as páxinas das redes sociais da Asociación e do ou dos comercios aos que votes.



 Consulta as bases e máis detalle desta promoción na nosa plataforma de sorteos PARTICIPA!


Consultar as bases do concurso.

Documentos relacionados