CAMPAÑA DO DÍA DO PAI 2022
Entra e descubre a mellor selección de ideas para regalar no Día do Pai.
O COMERCIO E A HOSTALARÍA DE REDONDELA BUSCAN NOVOS CANAIS PARA POR EN VALOR A OFERTA DOS ESTABLECEMENTOS DE REDONDELA E CHAPELA A TRAVÉS DA PROMOCIÓN ONLINE.
Na foto, de esquerda a dereita: Gerardo (JOYERÍA TEJO), Ramón (BARRIO SPORT), Roi (CS82 URBAN STYLE) e Carlos (VILLAMARÍN DISEÑO)
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PON EN MARCHA A
CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DE VENDAS DO DÍA DO PAI COA PUBLICACIÓN DO CATÁLOGO ON
LINE DE IDEAS PARA REGALAR .
Co obxectivo de por en valor a oferta local, a Asociación de Empresarios de
Redondela pon en marcha unha campaña de promoción de vendas.
Máis dun centenar de establecementos contan coa cartelería que da acceso a través
dun código QR a un novo catálogo de
produtos e servizos especialmente pensados para o Día do Pai.
A asociación quere amosar a variedade e especialización do comercio de
Redondela a través da edición deste catálogo especial para o día do Pai que se
comeza a publicar hoxe e que irá incorporando novidades diarias ata o día 19 festividade de San Xosé na que
tradicionalmente se celebra o día do Pai.
Na foto están representados algún dos sectores que protagonizan a campaña do
Día do Pai: moda masculina, moda e produtos deportivos, reloxerías e xoiarías.