CAMPAÑA SAN VALENTÍN 2024
Baixo o slogan "agasállalo, agasállacho" presentamos ideas a pares para celebrar este San Valentín mercando no comercio local.
Xa podes acceder ó marketplace e ver todas as promocións disponibles para ideas de agasallos o día de San Valentín.
DECORACIÓN ECOLÓXICA PARA SAN VALENTÍN
NOS COMERCIOS DE REDONDELA.
FIRME APOSTA DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE
REDONDELA POLO COIDADO DO MEDIOAMBIENTE, NESTA OCASIÓN AS
DECORACIÓNS DOS ESTABLECEMENTOS ESTÁN BASEADAS EN GLOBOS EN FORMA DE CORAZÓN
TOTALMENTE BIODEGRADABLES.
A campaña comercial aliñada cos obxectivos
climáticos tamén busca aumentar o ticket medio xa que incentiva aos
establecementos comerciais a promocionar agasallos
a pares.
Baixo o slongan “agasállallo, agasállacho” busca que a persoa compradora pense non
só na súa parella senón tamén en si mesma, podendo ademais aproveitarse de
singulares promoción por mercar ambos produtos da promocións.
Aproximadamente o 50% dos produtos da promoción
teñen prezos e agasallos especiais
comprando ambos, aínda que tamén se poden mercar por separado. A clientela
poderá consultar todas a propostas de agasallos tanto a través das redes
sociais da entidade como no marketplace da Asociación de Empresarios de
Redondela. Os produtos estarán
dispoñibles tanto para a compra en tenda como online. No caso de que o produto
estea dispoñible para a compra online o marketplace da asociación enlaza
directamente coa pasarela de pago de cada tenda.