CIRCULAR INFORMATIVA (240307)
Campañas de dinamización comercial do Día do Pai, Pascua, Día da Nai e día da Familia.
En breve esta información so estará dispoñible para empresas asociados. Se eres asociado podes acceder no icono dispoñible na parte superior.
Estimado/a Asociado/a:
Pomos en marcha as seguintes campañas de dinamización comercial: Día do Pai, Pascua, Día da Nai e Día da Familia. Todas estas campañas terán un eixo temático común que será a BANDA DESEÑADA (“COMIC”) en torno ao cal articularanse concursos e actividades específicas buscando a implicación da poboación infantil e os centros escolares.
A campaña contará cun espazo web específico no que nos vindeiros días se subirán as bases e se activarán os enclaces con toda a información: https://www.empresasredondela.gal/noticias/campana-dia-do-pai-2024
CONCURSO DE BANDA DESEÑADA
O concurso de Banda deseñada está aberto do 15 de marzo a o 15 de maio e os establecementos contrarán coas plantillas sobre as que se poderán realizar os proxectos de banda deseñada.
XA PODES RECOLLER O CARTEL DO DÍA DO PAI
Cada unha destas campañas terá unha cartelería específica (a do día do Pai xa se pode recoller desde hoxe mesmo na sede da Asociación) e seguindo a temática comic vos propomos “xogar” cos “superagasallos” e os “superpoderes”. Vos propomos que nos enviedes videos ou fotos dos productos que querirades promocionar en cada campaña (pai, pascua, nai…) coa particularidade de que nos contedes o “superpoder do superagasallo” (explemplo, superquentiño, supercómodo, supersaboroso, supersaudable, super revitalizante, fai sentir super…). As imaxes da promoción respenderán a estética comic que seguirán todas as campaña.
Prazos para o envío dos produtos promocionais: ata 3 días antes da data de cada celebración.
ANÓTAME E ENVÍANOS A INFORMACIÓN
Envíanos xa os teus videos ou fotos:
- Foto ou video
- Texto descriptivo do superpoder
- Prezo
- Enlace web (no caso de que o teñas dispoñible na túa web de venda)
Chámanos ou envíanos unha mensase
+34 986 40 40 12
+34 658 59 23 32
aer@empresasredondela.gal.