MH900442162.jpg

CIRCULAR INFORMATIVA (250421)

Información e inscripcións na Campaña de promoción dos negocios locais con motivo do Día da Nai.




Estimado/a Asociado/a:



Pomos en marcha, co motivo do Día da Nai, que se celebra o 4 de maio, unha campaña promocional dos negocios locais. Con motivo desta celebración queremos potenciar a decoración dos establecementos con motivos florais en clara alusión a primaveira e a tradición dos Maios en Redondela, que se extenderá ao longo de todo o mes de maio.



A campaña comprende as seguintes accións:


Decoración: Cada establecemento participante disporán de flores de distintos formatos e tamaños en goma eva para a decoración dos seus escaparates e entradas. 




Agasallo por compras: CAMPAÑA DE  ACUMULACIÓN DE PUNTOS POR COMPRAS A TRAVÉS DA PLATAFORMA PARTICIPA!. Todas as compras realizadas e rexistradas correctamente entre o 25 de abril e o 25 de maio poderán acumular puntos, que se poden canxear por agasallos. Na web poderase consultar o catálogo de premios.




Ideas para regalar que se publicarán no MARKETPLACE e en RR.SS: Para a promoción dos teus produtos, servicios ou promocións podes enviarnos desde xa:


  • Imaxe do produto
  • Breve descrición
  •    Prezo
  • Enlace a web (no caso de que estea dispoñible para a compra online)


 Marketing olfativo: se queres participar desta singular iniciativa infórmate  e fai a túa reserva (unidades limitadas). Con esta campaña de marketing olfativo, queremos que os comercios locais se transformen en espazos que non só vendan produtos, senón que tamén ofrezan experiencias inesquecibles. Inscríbete e deixa que o poder dos aromas leve o teu negocio ao seguinte nivel!







Cartel da campaña: