XM2-BR.png

CLAUSURA O PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING NA EMPRESA

Este venres, 2 de febreiro a Asociación de Empresarios de Redondela clausurou a primeira edición do programa xuventude mentoring na empresa desenvolvido coa colaboración da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia coa entrega de diplomas acreditativos a todas as persoas mozas participantes

Esta primeira edición do Programa Xuventude Mentoring na empresa que nace co obxecto de facilitar ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil a adquisición de experiencia profesional a través de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia. Esta edición contou co participación de 10 empresas da localidade pioneiras en sectores estratéxicos como automoción, téxtil moda,  pedra, naval ou enerxías renovables, entre outras.

 

A Asociación de Empresarios de Redondela foi unha das 10 entidades de toda Galicia as encargadas de por en marcha esta primeira edición do programa que se espera teñan continuidade en 2024 coa finalidade de seguir contribuíndo a reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas de calquera nivel e formación para axudar a mellorar a súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.

 

A ampla variedade de postos e empresas que poden participar neste programa abre ás persoas usuarias un sen fin de oportunidades permitindo adquirir experiencia en moi distintos postos desde un departamento de marketing ou financeiro, pasando por un enxeñeiro técnico ou un operario ou auxiliar de produción.

 

Este programa aporta un novidoso enfoque dirixido á captación e retención de talento naqueles sectores económicos considerados claves para a nosa economía contribuíndo desta forma á aportar valor ás empresas participantes.

 

Este programa que está cofinanciado nunha pocentaxe do 80 % polo Fondo Social Europeo nace tamén como un complemento necesario do programa de Mentorización que se ven desenvolvendo en toda a Comunidade Autónoma de Galicia e que xa vai pola súa cuarta edición e do que xa se levan beneficiado unhas 450 persoas mozas.