CONCURSO PHOTOCALL #SHOPPINGNIGHTREDONDELA
Súbete á lúa e participa!.
#shoppingningredondela
1- Fai unha foto en calquera dos photocalls da Shopping
Night Redondela.
( Praza de Ribadavia e Praza de Santiago)
2- Publícaa nas nosas Redes Sociais (Facebook, Instagram ou
Tiktok)
co hastgag #shoppingnightredondela, etiquétanos. Ademáis debes seguir a Asociación de
Empresarios de Redondela na rede social na que subas a túa foto.
https://www.facebook.com/asociaciondeempresariosderedondela
https://www.instagram.com/empresasredondela/
https://www.tiktok.com/@empresasredondela
3- Gaña!!! un vale de compra de 100€. Entre todas as fotos subidas realizaremos un sorteo dun vale de compra de 100€ para consumir en calquera dos establecementos participantes na Campaña Shopping Night 2024.
BASES DO CONCURSO
A Asociación de Empresarios de Redondela organiza o
Concurso do Photocoll Shopping Night, para a promoción da campaña de
dinamización comercial que se celebrará o 2 de agosto de 2024.
O concurso ten carácter gratuíto e desenvolvese baixo
as condición estipulada nas presente bases.
Poderán participar
neste concursos as persoas maiores de 18 anos.
Para poder participar deberá subir ás redes sociais
unha foto realizada no Photocall da Shopping Night Redondela 2024.
O modo de participación no concurso será a través das
Redes sociais:
-
https://www.facebook.com/asociaciondeempresariosderedondela
-
https://www.instagram.com/empresasredondela/
-
https://www.tiktok.com/@empresasredondela
Deberá publicar a foto con #shoppingnightredondela na
descrición e etiquetar aao perfil da Asociación de Empresarios de Redondela na
correspondente rede social. O perfil da persoa participante e a publicación
deberán ser públicos. Todos os participantes deben cumprir o requisito de ser
seguidores do perfil da asociación da correspondente rede social na que suban a
foto.
O concurso
comezará o 2 de agosto ás 20:00h e poderán subirse as fotos realizadas nos
photocalls ata o luns 5 de agosto. A Asociación realizará un sorteo entre todos os participante e contactará co
perfil da persoa premiada a través da correspondente rede social.
Haberá un único premio de un vale de compra por
importe 100€ para consumir en calquera dos establecementos participantes na
Campaña Shopping Night 2024 entre todos os participantes de calquera das redes
sociais.
Os concursantes ceden, nos termos legais necesarios,
os dereitos de imaxe das fotografías á organización. A organización reserva o dereito a retirar a
fotografía si considera que vulnera os dereitos persoais, resulta ofensiva o
discriminatoria, ou por calquera outro motivo que a organización considere
oportuno.
As persoas participantes aceptan, mediante a súa
partición no presente concurso, que os contidos e comentarios que vaian a ser
publicados nas redes sociais poidan ser compartidos nos termos que a organización
estime convenientes. A participación
neste concurso supón á aceptación das normas das redes sociais que sexan empregadas. A organización non
recollerá ningún datos para a inscrición xa que a participación é pública. Unicamente
será necesaria a recollida dos datos persoais da persoa ganadora para a xestión
da entrega do premio, que se realizará conforme ao establecido na normativa en materia
d protección de datos de carácter persoal. A persoa titular dos datos persanais proporcionados poderá exercitar os
dereitos de accesos, rectificación, cancelación e oposición remitindo un
escrito dirixido á Asociación de
Empresarios de Redondela (r/ José Regojo, nº2 1ºb) ou ao enderezo aer@empresasredondela.gal.
A organización resérvase o dereito a anular o concurso
ou modificar as presentes bases .