70778647_2613780468642186_3786988212388364288_n.png

CONVOCATORIA DOS PREMIOS DO COMERCIO GALEGO 2019

ORDE do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do comercio galego (código de procedemento IN214C)

Os premios do comercio galego distinguirán aos establecementos galegos, a nivel provincial e autonómico, que na súa xestión comercial executen accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación, unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto, para o cal se valorarán a transformación dixital, os servizos engadi‑ dos á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas tales como a web, o teléfono e as redes sociais como canles de comunicación e venda, e a integración entre as canles en liña e sen conexión.

Poderán optar aos premios do comercio galego os comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

Cada comerciante presentará unha única candidatura para optar aos premios do co‑ mercio galego e marcará na solicitude o recadro correspondente á modalidade provincial a que opta, que virá determinada polo lugar onde se sitúa o establecemento comercial ou, no caso de comercio en liña, polo domicilio social. 


Os premios do comercio galego contarán coas seguintes modalidades:
a) Premio Comercio de Galicia, cunha contía de 9.000 euros.
b) Premio Comercio Provincial, cunha contía de 4.000 euros.
c) Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 2.000 euros