ENCONTRO PARA O EMPREGO E O EMPRENDEMENTO
A Asociación de Empresarios de Redondela, no marco do Programa Integrado de Emprego, celebra un Encontro para o Emprego e o Emprendemento.
O acto celebrado o xoves 21 de abril de 2022 no Pazo de Santa Teresa, en Redondela contou coa presenza da Directora Xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado Lago.
Durante o encontro realizaronse distintas ponencias e obradoiros, nos que se
traballaron as habilidades sociolaborais (soft skills) e contou co presenza de
formadores do programas. Neste encontro os usuarios teñen a ocasión de coñecer
aos formadores e os distintos enfoques de cada un, podendo valorar eles mesmos
que formación lle son de maior interese fomentado a súa autonomía na
elaboración dos seus itinerarios formativos.
Ademáis no encontro nos nutrimos de distintas
experiencias:
Como exemplo de emprendedora local participou
Beatriz Domínguez, xerente de Gesdom nos relatou a súa experiencia de
emprendemento. Actualmente, Beatriz é a responsable dun PAE privado
de Redondela. PAE é rede de Puntos de Atención ao Emprendedor (PAE) regulados
polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo encárganse de facilitar a
creación de novas empresas, o inicio efectivo da actividade e o seu
desenvolvemento, a través da presentación de servizos de información,
tramitación de documentos, asesoramento , formación e apoio ao financiamento
empresarial.
Experiencia dos usuarios da pasada edición: no encontro déronse cita algúns dos usuarios da pasada edición que tiveron a ocasión de contar a experiencia e dar algúns consellos ao usuarios desta edición 2021/2022.