ENTREGA DE PREMIOS DA CAMPAÑA DE NADAL
Nesta campaña de Nadal repartimos 35 vales de compra entre os clientes do comercio de Redondela.
Mais de 1.500 rexistros de clientes e un total de 64.466 participacións
entraron no bombo do sorteo dos 3.000€ en vales de compra da Campaña de
Nadal.
Unha campaña que se realizou por primeira vez integramente de forma dixital
e que superou as expectativas de participación xa que se superaron as cifras de
participación dos últimos anos nas que a participación era en forma de
papeletas. Normalmente o número de participación distribuídas en papel era de
40.000 e retornaba en forma de participación entre un 70 e un 80 por centro das papeletas distribuídas pola
asociación e que eran entregadas á clientela polas súas compras.
Satisfacción entre premiados e comercios polo bo funcionamento da campaña e
pola cantidade de premios distribuídos xa que noutras modalidades de sorteos os
premiados non eran localizados ou non aparecían, con este novo sistema de
rexistro dixital todos os premiados son facilmente localizables ao estar
rexistrados na nova plataforma desenvolvida do Asociación de Empresarios de
Redondela e que contou co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través da
Dirección Xeral de Comecio.
Esta nova forma de interactuar a través da participación de sorteos
denominada PARTICIA!, permitirá ao establecementos asociados realizar
promocións e sorteos para seguir impulsando as vendas dos pequenos negocios
locais.