1-C.jpg

ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS: NOVAS MODIFICACIÓNS NAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FROTE Á CRISE SANITARIA

Espectáculos públicos e actividades recreativas

ORDE do 25 de agosto de 2020 sobre modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Espectáculos públicos e actividades recreativas que se celebren en establecementos ou espazos abertos ao público:

1. Deberán reunir as condicións de seguridade, salubridade e hixiene apropiadas para garantir os dereitos do público asistente e de terceiras persoas afectadas.


2. Teñen a obrigación de adoptar as medidas de seguridade, hixiene e salubridade establecidas con carácter xeral.


3.  Entenderase que concorre un perigo grave e inminente para as persoas nos casos de incumprimento das seguintes medidas de prevención:


    a) Incumprimento xeneralizado no establecemento das distancias de seguridade interpersoal.


    b) Incumprimento da obrigación do uso adecuado de máscaras por parte do persoal, clientes ou público asistente.


    c) Presenza no establecemento de persoas con sintomatoloxía compatible co COVID-19.


    d) Presenza no establecemento de traballadores ou público asistente sometidos a obrigas de illamento ou corentena.


    e) Incumprimento grave das medidas de limpeza e desinfección.


    f) Incumprimento das medidas relativas á capacidade máxima dos establecementos ou espazos.


    g) Existencia de aglomeracións de persoas no interior ou no exterior dos establecementos ou espazos en que se desenvolvan os espectáculos públicos ou actividades recreativas.


    h) Incumprimento das medidas relativas a agrupacións máximas de persoas nas mesas ou agrupacións de mesas nos locais de hostalaría ou restauración.

Esta orde producirá efectos desde o xoves 27 de agosto.

Enlaces relacionados