IMG_20230930_094705.jpg

ESTE FIN DE SEMANA A ALAMEDA DE CASTELAO DE REDONDELA ACOLLE A FEIRA ANUAL DE OPORTUNIDADES DO COMERCIO LOCAL.

A Asociación de empresarios de Redondela organiza a tradicional feira de oportunidades.

Nesta edición serán máis de 30 os establecementos participantes. Os sectores predominantes serán os de moda, calzados e complementos aínda que tamén haberá vehículos, plantas ou alimentación.

A feira celebrase en horario continuado o sábado 30 en horario de 10:00-21:00h e o domingo 1 de outubro en horario de 11:00-20:00h.

Dado o importante número de establecementos que desexan participar na feira e as limitacións de espazo da Alameda foi complicado darlle encaixe polo que se o número de solicitudes segue crecendo para a vindeira edición será preciso volver a reprantearse o emprazamento deste evento.

O Concello de Redondela colabora neste evento cun importante despregamento de medios humanos para dotar ao recinto servizos como iluminación, limpeza, coordinación do tráfico e para mellorar e facilitar a accesibilidade a Redondela habilitará zonas de aparcamento especial na zona de Vilavella que potenciarán o paseo por toda a vila ata o recito feiral. A Xunta de Galicia aportará a maior parte do financiamento necesario para a realización deste evento de promoción do comercio local a través da subvención aos Centros Comerciais Abertos de Galicia da que a Asociación de Empresarios de Redondela é beneficiaria.