FEIRA ANUAL DE OPORTUNIDADES 2022
O sábado 1 e domingo 2 de outubro a Alameda de Redondela volverá a acoller unha nova edición da Feira Anual de Oportunidades.
A FEIRA DE
OPORTUNIDADES: UNHA INICIATIVA PARA REIMPULSAR AO PEQUENO COMERCIO QUE RECUPERA
O SEU FORMATO MÁIS TRADICIONAL NA ALAMEDA DE REDONDELA PERO CUNHA IMAXE
TOTALMENTE RENOVADA.
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA RECUPERA A VERSIÓN MÁIS OFFLINE
DAS SÚAS ACTUACIÓNS DE DINAMIZACIÓN PARA
REIMPULSAR O COMERCIO LOCAL COA TRADICIONAL FEIRA DE OPORTUNIDADES.
Reinventar este formato tradicional despois de dous anos de pandemia e recuperar o escenario
da Alameda de Redondela resulta todo un reto organizativo para acoller a todo o
comercio da vila. O recinto feiral permitirá acoller a 30 establecementos expositores que se darán cita o sábado 1 e
domingo 2 de outubro.
Moda, calzado e complementos supoñen o 70% da oferta nesta feira na que
tamén poderemos atopar alimentación, vehículos, decoración e beleza de
benestar.
A recuperación de actividades e zonas de ocio infantil será outro dos
atractivos deste evento que combinará compras, diversión e premios en Redondela.
Os premios: A gran sorpresa está reservada á xornada dominical na que se sortearán 1.000€, en tarxeta de compra de 30€ e 50€ da man da Campaña COMPRAR NO TEU COMERCIO TEN PREMIOS que se realiza en colaboración coa Federación Galega de Comercio. Durante a mañá do domingo instalarase unha carpa na que a clientela poderá trocar todos os tickets de compras superiores a 10€ realizadas durante a semana do 26 de setembro ao 1 de outubro por participacións para o sorteo que terá lugar esa mesma mañá sobre as 13:30h.
O Concello de Redondela colabora
neste evento cun importante despregamento de medios humanos para dotar ao
recinto de servizos como iluminación, limpeza, coordinación do tráfico e as
actuación musicais que terán lugar no espazo feiral na sesión vermú do sábado e
do domingo ás 12:30h e unha sesión merenda especial ás 18:00h. Ademais, o Concello de Redondela, para mellorar
e facilitar a accesibilidade a Redondela habilitará zonas de aparcamento
especial na zona de Vilavella que potenciarán o paseo por toda a vila ata o
recito feiral e o canxe de tickets de compra por horas de parking gratuíto. O
canxe dos tickets de compra por parking poderá realizarse no stand informativo
do recinto feiral. Esta promoción permitirá á clientela aparcar gratis mentres
realiza as súas compras na feira e estará activa ata esgotar as existencias da
promoción especial que se realizará con motivo da celebración da Feira de
Oportunidades.