IMG_20230930_122224.jpg

GRAN ÉXITO DE PÚBLICO NA PRIMERA XORNADA DA FEIRA DE OPORTUNIDADES 2023.

Así arrancou a décimo tercera edición da feira de oportunidades do comercio de Redondela: afluencia de público sen precedentes.

Dende primeira hora da mañá, incluso antes da hora de inicio oficial, unha gran afluencia de público comezou a percorrer a Alameda de Redondela na procura dos mellores produtos, dos mellores descontos e os mellores prezos.

 

-“O arranque da feira foi espectacular, o cal nos fai deixar atrás todas as dificultades e axustes que foi necesario realizar nesta 13ª edición”. Os axustes supuxeron un recorte na promoción o que facía presaxiar que non se alcanzaría o volume de afluencia doutras edicións, especialmente de clientela doutras localidades.

As primeiras valoración das ventas da mañá do sábado teñen sido moi voas superando os rexistros doutras edicións o polo que as expectativas dos establecementos expositores están a ser moi positivas.

Desde a organización estamos agradecidos polas múltiples manifestacións de agradecemento e satisfacción recibidas  pola clientela que acude a Feira acompañada con nenos, agradecendo e valorando o despregamento de actividades e pasatempos infantís ao longo de todo o espazo feiral.  Un gran rocódromo inchable está a ser a estrela dos máis intrépidos, a zona de xogos tradicionais fomentan o xogo interxeracional con pais e avós aprendendo aos máis cativos os xogos da súa infancia. Talles de pintacaras, photocoll e máis espazos de xogos conforman a oferta de ocio deseñada pola Asociación de Empresarios de Redondela para este evento que conta nesta edición coa empresa Marexada para a xestión do espazo e o acompañamento de monitores especializados que velan en todo momento polo coidado dos visitantes máis pequenos da Feira.