2-PORTADA-SECUNDARIA.jpg

III PLAN DE RESCATE DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

Axudas dirixidas a empresas e autónomos que teñan contraidas débedas entre marzo 2020 e maio de 2021.

Modificación III Plan de restate.

ORDEN de 12 de julio de 2021 por la que se modifica la Orden de 9 de junio de 2021 por la que se establecen las bases reguladoras del III Plan de Rescate de las personas trabajadoras autónomas, profesionales y empresas particularmente afectadas por la crisis de la COVID-19 mediante ayudas directas para el apoyo a la solvencia y reducción del endeudamiento del sector privado, a través del Programa I de personas trabajadoras autónomas en estimación objetiva (TR600A), del Programa II de apoyo a las personas trabajadoras autónomas individuales y personas trabajadoras autónomas o empresas con hasta 10 personas trabajadoras, o de hasta 25 personas trabajadoras con un volumen de facturación de hasta 2 millones de euros (TR600B), y del Programa III de apoyo a las personas trabajadoras autónomas o empresas con más de 10 personas trabajadoras y con un volumen de facturación de más de 2 millones de euros, o empresas de más de 25 personas trabajadoras (TR600C), y se procede a su convocatoria para el año 2021.



ORDE do 9 de xuñode 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescatedas persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmenteafectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio ásolvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa Ide persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), doPrograma II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoastraballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros(TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ouempresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación demáis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras(TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

PROGRAMA I: DE APOIO ÁS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS EN ESTIMACIÓN OBXECTIVA

PERSOAS BENEFICIARIAS:

1. Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e profesionais (de ser o caso, mutualistas) en réxime de estimación obxectiva que teñan o domicilio fiscal en Galicia.

2. Desenvolver unha actividade económica correspondente a un CNAE do anexo I doReal decreto lei 5/2021, do 12 de marzo.

3. No caso de desenvolver una actividade económica nun CNAE non incluído no mencionado anexo I deberá acreditar unha caída de volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no IVE ou tributo indirecto equivalente dun 40 % ou máis comparando o ano 2020 co ano 2019.

IMPORTE DAS AXUDAS:

1. Máximo de 3.000 euros cando se trate de empresarios ou profesionais que apliquen no réxime de estimación obxectiva no imposto da renda das persoas físicas no ano 2019. 

2. Para as persoas autónomas de tempada os importes da axuda serán do 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.


PROGRAMA II: DE ÁS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS INDIVIDUAIS E PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS OU EMPRESAS CON ATA 10 PERSOAS TRABALLADORAS, OU DE ATA 25 PERSOAS CUN VOLUME DE FACTURACIÓN DE ATA 2 MILLÓNS DE €.


PERSOAS BENEFICIARIAS:

1. Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e empresas que reúnan as condicións establecidas no artigo anterior e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019 de mais dun 30 % para aquelas que desenvolvan unha actividade económica no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, ou ben que acrediten unha caída do volume de operacións, no ano 2020 respecto ao ano 2019, dun 40 % ou mais, para aquelas que desenvolvan unha actividade económica que non se atope incluída no anexo I Real decreto lei 5/2021.

 2. No caso de grupos consolidados que tributen no imposto sobre sociedades no réxime de tributación consolidada, entenderase como destinatario para efectos do cumprimento dos requisitos de elixibilidade e transferencias o citado grupo como un contribuínte único e non cada unha das entidades que o integran, polo que o resultado do volume de operacións que considerar para determinar a caída da actividade será o resultado de sumar todos os volumes de operacións das entidades que conforman o grupo.


IMPORTE DAS AXUDAS:

a) 6.000 euros se a caída do volume de operacións está entre máis dun 30 % e ata un 60 % .

b) 7.000 euros se a caída do volume de operacións é mais dun 60 % e menos dun 70 %.

c) 8.000 euros se a caída do volume de operacións é do 70 % ou máis.

A dita cantidade incrementarase ata 3.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da orde, segundo a escala seguinte:

a) 1.000 euros se teñen de 4 a 9 persoas traballadoras.

b) 2.000 euros se teñen de 10 a 20 persoas traballadoras.

c) 3.000 euros se teñen de 21 a 25 persoas traballadoras. 


PROGRAMA III: DE APOIO ÁS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS OU EMPRESAS CON MÁIS DE 10 PERSOAS TRABALLADORAS, E CUN VOLUME DE FACTURACIÓN DE MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS, OU EMPRESAS DE MÁIS DE 25 PERSOAS.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

1. Todas as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia, os profesionais e empresas que reúnan as condicións establecidas no artigo anterior e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que acrediten unha caída do volume de operacións no ano 2020 respecto ao ano 2019 de mais dun 30 % para aquelas que desenvolvan unha actividade económica incluída no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, ou ben que acrediten unha caída do volume de operacións no ano 2020 respecto ao ano 2019 dun 40 % ou mais, para aquelas que desenvolvan unha actividade económica que non se atope incluída no anexo I Realdecreto lei 5/2021.

2. No caso de grupos consolidados que tributen no impto sobre sociedades no réxime de tributación consolidada, entenderase como destinatario para efectos do cumprimento dos requisitos de elixibilidade e transferencias o citado grupo como un contribuínte único, e non cada unha das entidades que o integran, polo que o resultado do volume de operacións que considerar par determinar a caída da actividade será o resultado de sumar todos os volumes de operacións das entidades que conforman o grupo.

IMPORTE DAS AXUDAS:

a) 10.000 euros se a caída do volume de operacións está entre mais dun 30 % e ata un 60 % .

b) 12.000 euros se a caída do volume de operacións é mais dun 60 % e menos dun 70 %.

c) 15.000 euros se a caída do volume de operacións é do 70 % ou máis.

A dita cantidade incrementarase ata 15.000 € en función do número de persoas traballadoras por conta allea que teñan no momento da publicación da orde, segundo a escala seguinte:

a) 5.000 euros se teñen de 26 a 50 persoas traballadoras.

b) 10.000 euros se teñen de 51 a 100 persoas traballadoras.

c) 15.000 euros se teñen máis de 100 persoas traballadoras.

2. Para as persoas autónomas de tempada os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.


O prazo de presentación de solicitudes será desde  o día 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021, ambos inclusive.