MEDIDAS ECONÓMICAS: A Xunta de Galicia está a poñer en marcha novas iniciativas para apoiar ao tecido empresarial galego.
Entre outras medidas crea unha liña telefónica para atención a empresas e unha aplicación para a xestión de toda a información.
Activada unha liña de financiación para producir
material de protección ante o coronavirus
Xesgalicia acaba de poñer en marcha
unha liña de financiación de 10 millóns de euros para cubrir as necesidades de reestructuración productiva das empresas
galegas que decidan acometer a fabricación de material de protección
necesario para facer frente ao coronavirus. En concreto, esta liña
financiará inversións e circulante, e as empresas deberán dar resposta coa producción de equipos como, por exemplo, textís sanitarios, equipos de
protección individual (EPIs) e materiais para respiradores.
Trala declaración
do estado de alarma e de emerxencia sanitaria, a rápida progresión da
pandemia a nivel mundial está supoñendo a ausencia de equipos de protección
individual, os coñecidos como EPIs, e de outros materiais como
máscaras, batas ou guantes nos comprados internacionales. Esta situación estase convertindo nun reto engadido á hora de combater o coronavirus e
poder desenrrolar actividades esenciais, productivas uo comerciais en
condicións de seguridade.
Ante esta
situación excepcional, nun exercicio de responsabilidade e ante o
desabastecemento destes produtos a nivel mundial, esta liña ten como
obxetivo financiar as necesidades de adaptación e transformación que
empresas galegas adicadas a outras actividades, pero con capacidade
de producción de estos EPIs, podan ter para reorientar
a súa producción.
A esta liña
hai que engadir a que a Xunta xa ten activada desde a Axencia Galega
de Innovación (Gain). Trátase dunha chamada a todos os
axentes do ecosistema galego de innovación que teñan algunha proposta ou
proxecto que poda contribuir á loita contra o coronavirus. Búscanse
solucións innovadoras que se podan desenrrolar de maneira inmediata.