MEDIDAS NECESARIAS PARA O IMPULSO DO TECIDO PRODUTIVO DE REDONDELA
A ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA FAI CHEGAR AOS PARTIDOS POLÍTICOS QUE CONCURREN ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 2023 UN PAQUETE DE MEDIDAS NECESARIAS PARA O IMPULSO DO TECIDO PRODUTIVO DE REDONDELA.
O COLECTIVO EMPRESARIAL APELA A UN PACTO SOCIOPOLÍTICO PARA A POSTA EN MARCHA DUN PROXECTO DE PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA A CURTO E MEDIO PLAZO QUE REVITALICE O DESENVOLVEMENTO SOCIOECONÓMICO DO CUARTO MUNICIPIO DA PROVINCIA.
A análise da situación socioeconómica do municipio fai
que se manteñan acesas certas luces de emerxencia do sector empresarial sobre
as que é preciso actuar de forma urxente. Pero, como ante calquera emerxencia,
é preciso a intervención coordinada dos equipos de emerxencia e que estes
conten cos equipamentos de intervención axeitados. Neste momento Redondela
require de esta actuación coordinada dos distintos axentes sociais e políticos
que operan no municipio para acadar resultados efectivos.
Así, tan só con votar unha ollada aos datos de poboación que
nos retrotraen a niveis de fai 20 anos, compre abrir unha primeira reflexión
sobre os compoñentes deste contexto sociodemográfico dunha vila, dun municipio,
que noutro hora foi quen de atraer buscadores de oportunidades, grandes nomes,
grandes persoas empresarias, grandes persoas emprendedoras, chegados de fora na
procura de oportunidades que as atoparon e que contribuíron ao engrandecemento
de Redondela. Pero nas últimas décadas, lonxe de atraer talento, Redondela está
a exportar talento, moitos nomes redondelás teñen acadado importantes logros en
ámbitos profesionais do máis diverso (cultura, política, ciencia...) e sexa
este motivo de orgullo pero tamén de fracaso pola perda da oportunidade de que
o valor engadido das súas capacidades non redunde no desenvolvemento
socioeconómico local.
Fonte: IGE.
Grandes ameazas están en cernes sobre un modelo económico
inconexo e non planificado, pero grandes oportunidades están ao alcance dunha
localidade que leva centos de anos mirando pasar o tren e que con certa ironía
pasa igual que as oportunidades, que teñen sido moitas as que teñen pasado e
non se teñen aproveitado. Tal vez ter o tren tan ao alcance da man nos faga
pensar que calquera outro día é bo para collelo pero a diferencia nestes tempos de cambio de modelo produtivo é
que tal vez esteamos por primeira vez ante a última oportunidade de subirnos a
ese tren das oportunidades.
Tres liñas de
actuación e catro plans estratéxicos son os que se recollen no documento remitido
polo colectivo empresarial aos grupos políticos que concorren as eleccións
municipais no Concello de Redondela e no
que apelamos por un Pacto Socio-Político para
poñelos en marcha.
O punto de partida pasa pola aprobación dun Plan Xeral de Ordenación Municipal. Redondela
precisa con urxencia dun instrumento de ordenación que poña rumbo a un novo
futuro baixo unhas premisas básicas:
v Ordenación e posta en valor do Litoral
v Creación de novas infraestruturas que melloren a
accesibilidade e faciliten a conectividade viaria e ferroviaria.
v Deseño dun urbanismo comercial favorecedor e integrador.
v Recuperar a centralidade administrativa atraendo sedes de
outras administracións ou organismos.
v Ordenación e ampliación das áreas empresariais.
A necesaria
implicación dos distintos axentes socioeconómicos e políticos na planificación
estratéxica sectorial proposta pola entidade fan pensar na creación dun órgano ou estrutura organizativa que actúe
como cohesionador con capacidade para pilotar as accións e medidas
propostas e sendo necesario ademais contar con dotacións, medios e recursos
suficientes para levalos a cabo.
Comercio, turismo, industria e o sector profesional son os eixos sectoriais que aglutinan as distintas liñas
de actuación. Así por exemplo o sector comercial
planifica unha serie de actuación sobre: Centro Comercial Aberto, Prazas de
Abastos, Comercio e Servizos. A área de turismo
desenvolve actuación sobre: Hostalaría, Aloxamento e Servizos turísticos e así
con cada un dos 4 plans sectoriais. No eido industrial a entidade pon o acento na transformación dos produtos
do mar como elemento diferenciador e
na economía azul. E no ámbito
profesional pon o punto de mira no gran potencial dos cambios que se están a
producir nos procesos produtivos pola difusión da dixitalización e a
conectividade, a innovación tecnolóxica
e automatización que abren unha gran oportunidade ao desenvolvemento de
servizos de apoio de profesionais.
A planificación estratéxica de Redondela,
demandada pola Asociación de Empresarios de Redondela, necesaria para acadar un
ecosistema produtivo capaz de xerar vantaxes competitivas dinámicas, é unha
cuestión inaprazable que debe acadar un compromiso político unánime, firme e
decidido e, sobre todo, non debe quedar condicionado por aritméticas electorais
imposibles.
Desde a
Asociación de Empresarios de Redondela demandamos o alineamento da dos grupos
políticos coas medidas para o impulso do tecido produtivo e unha resposta a
nosa proposta de deseño dun modelo de
cooperación público-privada capaz de construír de forma permanente o marco
dun ecosistema produtivo favorecedor do desenvolvemento socioeconómico de
Redondela.
TRAS
AS PROPOSTAS LANZADAS POLA ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA PARA O IMPULSO
DO TECIDO PRODUCTIVO PP E BNG REÚNENSE CO COLECTIVO PARA ANALIZARLAS.
O Partido Popular de Redondela anuncia aos empresarios que o vindeiro mércores estará nun acto da campaña electoral o consellerio de economía, industria e innovación, Francisco Conde López nos que se abordarán as propostas nun encontro aberto no que poderán participar todo o tecido empresarial .
O BNG propón centrar as medidas de desenvolvemento económico no comercio local potenciando o consumo de produtos da terra como garante dos valores ecolóxicos e medioambientais e dar un enfoque transversal do sector turismo centrándose en atallar os riscos e solucionar os problemas dun crecemento desmedido do sector. A posta en valor da Illa de San Simón, a Praia de Cesantes ou o Estreito de Rande son tamén algunhas das medidas propostas.
O consellerio de economía, industria e innovación, Francisco Conde López, reúne co sector empresarial de Redondela de Redondela e marca as liñas da política industrial.