web-doga2.jpg

Medidas preventivas en materia de salud pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19

Nas superficies comerciais, reforzaranse as medidas de información, as medidas de hixiene, así como as medidas e intervalos de limpeza nas instalacións. Asimismo, adoptaranse polo seu titular as medidas precisas para evitar aglomeracións e cumplir o réxi­me de distancias recomendado polas autoridades sanitarias.

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e se activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19

Suspéndese a actividade comercial retallista en todo o territorio da Comunidade Autónoma, a excepción dos establecementos comerciais retallistas de alimentación e produtos e bens de primeira necesidade recollidos a continuación segundo a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009):


47 Comercio ao retallo, agás de vehículos de motor e motocicletas
47.1 Comercio ao retallo en establecementos non especializados.
47.11 Comercio ao retallo en establecementos non especializados, con predominio en produtos alimenticios, bebidas e tabaco.
47.2 Comercio ao retallo de produtos alimenticios, bebidas e tabaco en establecementos especializados.
47.21 Comercio ao retallo de froitas e hortalizas en establecementos especializados.
47.22 Comercio ao retallo de carne e produtos cárnicos en establecementos especializados.
47.23 Comercio ao retallo de peixe e mariscos en establecementos especializados.
47.24 Comercio ao retallo de pan e produtos de panadaría, confeitaría e pastelaría en establecementos especializados.
47.25 Comercio ao retallo de bebidas en establecementos especializados.
47.26 Comercio ao retallo de produtos de tabaco en establecementos especializados.
47.29 Outro comercio ao retallo de produtos alimenticios en establecementos especializados.
47.3 Comercio ao retallo de combustible para a automoción en establecementos especializados.
47.30 Comercio ao retallo de combustible para a automoción en establecementos especializados.
47.4 Comercio ao retallo de equipamentos para as tecnoloxías da información e as comunicacións en establecementos especializados.
47.41 Comercio ao retallo de ordenadores, equipamentos periféricos e programas informáticos en establecementos especializados
47.42 Comercio ao retallo de equipamentos de telecomunicacións en establecementos especializados
47.43 Comercio ao retallo de equipamentos de audio e vídeo en establecementos especializados
47.6 Comercio ao retallo de artigos culturais e recreativos en establecementos especializados.
47.62 Comercio ao retallo de xornais e artigos de papelaría en establecementos especializados
47.7 Comercio ao retallo doutros artigos en establecementos especializados.
47.73 Comercio ao retallo de produtos farmacéuticos en establecementos especializados
47.74 Comercio ao retallo de artigos médicos e ortopédicos en establecementos especializados.
47.75 Comercio ao retallo de produtos cosméticos e hixiénicos en establecementos especializados.
47.76 Comercio ao retallo de flores, plantas, sementes, fertilizantes, animais de compañía e alimentos para estes en establecementos especializados.
47.9 Comercio ao retallo non realizado nin en establecementos, nin en postos de venda nin en mercados.
47.91 Comercio ao retallo por correspondencia ou internet.

No caso de equipamentos comerciais colectivos, tales como mercados municipais, centros, parques e/ou galerías comerciais, suspenderase a actividade comercial daqueles establecementos integrados nestes e non incluídos na lista anterior.

A permanencia nos establecementos comerciais cuxa apertura estea permitida deberá ser a estritamente necesaria para que os consumidores poidan realizar a adquisición de alimentos e produtos de primeira necesidade, quedando suspendida a posibilidade de consumo de produtos nos propios establecementos. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.




Suspensión da actividade durante 14 días naturais, contados desde a publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, de todos os establecementos de espectáculos públicos e actividades recreativas incluídos no anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia e, nomeadamente:

– Cines
– Teatros
– Auditorios
– Circos
– Establecementos de espectáculos deportivos
– Recintos feirais
– Casinos
– Salas de bingo
– Salóns de xogo
– Tendas de apostas
– Estadios deportivos
– Pavillóns deportivos
– Recintos deportivos
– Pistas de patinaxe
– Ximnasios
– Piscinas de competición
– Piscinas recreativas de uso colectivo
– Parques acuáticos
– Salóns recreativos
– Parques multiocio
– Museos
– Bibliotecas
– Salas de conferencias
– Salas polivalentes
– Salas de concertos
– Restaurantes
– Salóns de banquetes
– Cafetarías
– Bares
– Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas
– Salas de festas
– Discotecas
– Pubs
– Cafés-espectáculo
– Furanchos
– Centros de ocio infantil

 

Os establecementos de restauración, como cafetarías, bares e restaurantes, permanecerán cerrados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio.


A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.


O peche non afecta os bares e restaurantes localizados en establecementos hoteleiros ou no interior das instalacións destinadas á prestación de servizos públicos, sempre que a súa actividade se limite estritamente aos seus clientes aloxados ou aos traballadores das instalacións.




Se adoptan as seguintes medidas preventivas:


a) No terreo das actividades deportivas, e sen prexuízo das medidas adoptadas poas autoridades competentes respecto do deporte de competencia estatal:

1ª) Suspensión da actividade do programa XOGADE.

 

2ª) Celebración a porta pechada da actividade deportiva oficial de competencia au­tonómica, especialmente a correspondente ás federacións deportivas galegas. Non obstante o anterior, as persoas organizadoras poderán adoptar alternativamente e apla­zamiento ou a suspensión da mesma a fin de minimizar prexuízos a clubes e deportistas. Ademais, a Secretaría Xeral para o Deporte, coa supervisión das autoridades sani­tarias, ditará instruccións nas que se recollan as limitacións e condicións nas que se poderán celebrar actividades deportivas de ámbito federativo que comporten a afluencia de numerosos deportistas participantes, podendo establecer un número máximo deles.

3ª) Respecto do resto de actividades e eventos deportivos colectivos non mencionados anteriormente, incluídos os organizados polas entidades locais, que impliquen a asis­tencia de público, deberán ser celebrados a porta pechada ou ser suspendidos.

b) No terreo dos servizos sociais, en atención á especial protección, que se debe prestar a población sensible o en especial risco:

1ª) Suspensión de toda a actividade dos centros sociocomunitarios; dos centros de día, sexan de maiores, de menores, de protección de menores ou de discapacidade; dos centros ocupacionais; das escolas infantís, puntos de atención á infancia, lu­dotecas e outros espacios infantís; das residencias de tempo libre; e dos albergues xuveniles e espacios xóvenes. A consellería competente na materia de política social adoptará as medidas e instruccións pertinentes en relación coa prestación de servizos do persoal e a sua presencia nos centros que asegure o seu mantemento e a posterior reanudación da sua normal actividade.

2ª) Nos centros residenciais:

- Suspensión de todas as actividades que supoñan o acceso de persoas externas aos mesmos.

- As persoas responsables dos centros deberán limitar o número de visitas a un máximo de unha por residente e día e colocar carteis informativos nos accesos sobre estas limitacións e as medidas preventivas e os riscos do coronavirus acorde coa suministrada oficialmente polas autoridades sanitarias.

- No se aceptarán visitas a residentes por personas con síntomas respiratorios o fiebre.

- Non se aceptarán con carácter xeral visitas aos residentes por persoas maiores de 70 anos ou con patoloxías cardíacas ou respiratorias previas.

- Deberán extremarse as medidas de limpeza.

- Evitaranse as aglomeracións de residentes en actividades e deberán ser distribuidos de maneira que se limite a presezia de grupos numerosos de persoas en espazos pechados para minimizar as posibilidades de contaxio.

- Paralízanse todos os ingresos en residencias de maiores e persoas con discapaci­dade, a excepción dos casos derivados polas autoridades sanitarias.

c) No terreo educativo, en atención á especial protección que se debe prestar á población sensible:

- Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensinan­za non universitaria. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complemen­tarios, especialmente o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independen­cia de quen sexa o organizador de ditos servizos.

- Suspéndense no ámbito educativo todos os viaxes de estudos, excursións, ou cal­quer tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.

- Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

- O persoal docente e non docente tenrá a obligación de acudir ao centro educativo. A efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equi­po directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumplindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da sua comunidade educativa. Todo iso dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.

- Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral daquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos, maiores discapacitados ou maiores dependentes ou que presenten algunha discapacidade, este poderá realizar a sua actividade labo­ral mediante o sistema de teletraballo nun porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro.

- O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios tele­máticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poda realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimen­to, pero non terán carácter de evaluables.

- Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.

- Suspendense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluidas as asociadas a Erasmus.

- Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.

- Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia nno se suspende a permanencia do alumnado, excepto no caso en que presente sintomatoloxía, nese caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o no contacto co resto de usuarios.

- Suspendese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.

- Suspendense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.


d) No terreo da ensinanza universitaria.

- Suspendense as actividades académicas na ensinanza universitaria.

- Permanecerán abertas as residencias universitarias con servizos comúns básicos.

- As bibliotecas universitarias poderán admitir alumnado ata un tercio do seu aforo, a fin de posibilitar a separación dos usuarios e dificultar a transmisión do virus.

e) Suspensión das prácticas que se realizan en calquer centro sanitario situado na Comunidade Autónoma de Galicia nos grados en Ciencias da Saúde ou de outras titulacións e ciclos formativos. Incluense neste apartado as prácticas dos ciclos formativos de Formación Profesional.


f) Formación dependente de outros órganos da Administración autonómica:

- Suspendense toda actividade lectiva, de comedor e residencia, no Instituto Galego de Formación en Acuicultura, no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, e nas Escolas Oficiais náutico-pesqueiras de Ferrol e Ribeira dependentes da Consellería do Mar, así como nos centros dependentes da Axencia Galega de Calidade Alimentaria.

- Suspendese toda a actividade formativa da Escola Galega da Administración Pública e da Academia Galega de Seguridade, salvo a que se desenvolva en réximen de teleformación.

En relación ao Centro de Tecnificación Deportiva da Xunta de Galicia na cidade de Pontevedra, acordase o peche do centro e de todas as suas instalacións. Con todo, os deportistas internos da residencia que por causas excepcionais e motivadas non poidan ir aos seus lugares de orixen, poderán permanecer no Centro.


g) Medidas no terreo do transporte público.

No terreo do transporte público regular de uso xeral, no transporte urbano, ferroviario e aeroportuario, en atención á especial protección que se debe prestar á población sensible ou en especial risco:

- Desaconséllase o uso do transporte público regular de uso xeral e do transporte urbano así como das suas infraestructuras aos seguintes grupos de poboación:

- Persoas especialmente vulnerables ás infeccións respiratorias ou con persoas destas características no seu entorno próximo.

- As persoas que presenten síntomas respiratorios ou que crean que teñen probabili­dade de infección.

- As mulleres embarazadas.

No tocante á prevención activa no transporte indicado, aconsellase a adopción das seguintes medidas:

 

- Adopción polas empresas e autónomos do transporte das medidas de hixiene e desinfección dos vehículos tantas veces como sexa posible ao longo da xornada.

 - A instalación de dispensadores de xeles hidroalcohólicos invitando aos usuarios a que o empleen ao subir e  baixar do vehículo.

Asimesmo, deberá realizarse un seguimento estricto das recomendacións sanitarias para a adecuada protección do persoal.

A consellería competente en materia de movilidade facilitará infografía consistente en carteis informativos para que poidan situarse nas infraestructuras de transportes sobre as limitacións e as medidas preventivas e os riscos do coronavirus acorde coa sumi­nistrada oficialmente poas autoridades sanitarias.

h) Equipamientos culturais

Suspendese a apertura ao público de museos, arquivos e outros equipamentos cultura­is dependentes da Administración autonómica. No caso das bibliotecas, poderán permanecer abertas, limitando o esu aforo ata un tercio do máximo permitido a fin de po­sibilitar a separación dos usuarios e dificultar a transmisión do virus. Asimesmo, re­comendase ás demais administracións titulares de equipamentos culturais a inmediata adopción de medidas semexantes.

 


i)                Espectáculos públicos e actividades recreativas (actividades de ocio, culturais e si­milares):

- Espacios pechados.

Suspéndese a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas con máis de 500 persoas en espazos pechados. No caso de estar por debaixo deste límite, poderán celebrarse sempre que non se supere un tercio do aforo autorizado, aplicando as medidas de distanciamento entre grupos de persoas conforme ás  recomendacións sanitarias. Esta limitación non afectará aos espacios pechados cun aforo igual ou inferior a 50 perso­as, si ben deberán aplicarse as medidas de distanciamento entre grupos de persoas conforme as recomendacións sanitarias.

- Espacios abertos.

Recoméndase a suspensión da celebración de actividades colectivas ao aire libre. En todo caso, suspendense aquelas que concentren a máis de 1000 persoas (mercadillos, festivais, concertos, feiras, festas populares e similares). En todo caso deberán aplicarse as medidas de distanciamento entre grupos de persoas conforme á recomendacións sanitarias.


k) Albergues de peregrinos.

Restrinxese a ocupación dos albergues de peregrinos da rede pública da Xunta de Galicia a un tercio da sua capacidade máxima. Ademáis, permanecerán pechados os seus ser­vizos comúns.


l) Medidas en materia de emprego:

- Suspensión da actividade formativa en centros e entidades de formación que, no ámbito territorial de Galicia, impartan accións de formación profesional para o emprego, así como na parte presencial na modalidade de teleformación, xestionadas e/ou financiadas pola Xunta de Galicia.

 m) Medidas na área de comercio e consumo:

- En superficies comerciais, reforzaranse as medidas de información, as medidas de hixiene, así como as medidas e intervalos de limpeza nas instalacións. Asimesmo, se adoptarán polo seu titular as medidas precisas para evitar aglomeracións e cumplir o réxi­men de distancias recomendado polas autoridades sanitarias.


- Na Escola Galega de Consumo, suspenderanse as actividades presenciais no recinto e fora del e suspenderase a sua actividade formativa.


- Suspensión da actividade de dinamización comercial en espacios pechados.

n) Medidas en materia de espazos naturais:

- Suspendense as visitas guiadas en grupos aos parques naturais, nacionais e outros espacios naturais protexidos.

- Ao mesmo tempo, suspéndese a actividade ao público dos centros de visitantes e interpretación dos parques e as aulas de natureza.

ñ) Medidas de carácter xeral:

1ª) Recoméndase evitar os viaxes que non sexan necesarios.

2ª) Recoméndase as persoas que inicien síntomas respiratorios e/oo febre que per­manezan no seu domicilio, sen acudir aos centros sanitarios, sempre que a sua situación clí­nica o permita, e ao seu lugar de traballo. As persoas que presenten dita situación clínica, seguindo o protocolo establecido pola Consellería de Sanidade, poderán chamar ao teléfono 061 ou ao 900400116.


o) Medidas de protección para colectivos específicos:


1ª) Recoméndase o cuidado domiciliario dos maiores.

2ª) Recomendase a todas as persoas maiores, que padecen enfermedades crónicas, pluripatolóxicos ou con estados de inmunosupresión conxénita ou adquirida que limiten as salidas do seu fogar ou residencia. En calquer caso, recoméndase que eviten lugares concurridos nos que non é posible manter a distancia de seguridade interpersoal de polo menos un metro.




En el siguiente enlace puedes descargarte el Ministerio de Sanidad: PROCEDIMIENTO DE ACTUACIÓN PARA LOS SERVICIOS DE PREVENCION DE RIESGOS LABORALES FRENTE A LA EXPOSICIÓN AL NUEVO CORONAVIRUS (SARS-COV-2)