foto-firma-1.jpg

MERCAR EN REDONDELA. UNHA NOVA PLATAFORMA PARA MERCAR NO COMERCIO LOCAL

A Asociación de Empresarios e Mercar en Galicia asinan un convenio de colaboración para a posta en marcha dun market place local para axudar ao comercio da localidade.

Un só click para comprar en Redondela dende a plataforma comprar en galicia.

 

A Asociación de Empresarios de Redondela coordina a posta en marcha dun plan de dixitalización coa colaboración da plataforma Comprar en Galicia.

A Asociación de Empresarios de Redondela e a plataforma COMPRAR EN GALICIA formalizan un acordo de colaboración que facilitará a venta on line dos negocios asociados en condicións vantaxosas.

 

Este acordo, que contempla tanto recursos técnicos e económicos, fará posible que Redondela sexa pioneira deste novo proxecto colaborativo de venta online que estará dispoñible para todo o comercio de Galicia. Trala reunión de presentación do proxecto aos asociados, celebrada fai tan solo unha semana, xa son máis de 40 os establecementos que están interesados en participar no proxecto.

 Esta acción forma parte dun programa máis amplo de dixitalización desenvolvido pola Asociación de Empresarios de Redondela que se desenvolverá en tres ámbitos: comercio, hostalaría e venda de produto fresco e que contará con distintos colaboradores e busca a coordinación e integración con outros programas como os que está previsto desenvolvan tanto a administración local como a administración autonómica coa que xa se ven traballando.

 

Dadas as características tecnolóxicas e as amplas posibilidades de integración  de inventario e catálogo de forma automática do portal COMPRAR EN GALICIA, o proxecto está plenamente enfocado ao sector comercial. Durante as vindeiras semanas traballarase individualmente con cada unha das empresas que se integre no proxecto e esperamos que en pouco máis dun mes estar plenamente operativos no mercado on-line. O proxecto contempla unha segunda fase na que a dixitalización do comercio local dará un paso determinante para acadar un mellor posicionamento  en buscadores co desenvolvemento de portais propios que tecerán unha rede de departamentos e seccións de compras como un gran centro comercial coa diferencia de que estará integrado por pequenas tendas que xeran emprego local que  traballando de forma coordinada serán quen de por no mercado on-line unha ampla e variada gama de produtos dos negocios locais e que facilitará as compras ao consumidor local abrindo novas posibilidades de compra global ao comercio de Redondela.

 



As túas compras locais agora máis fácil ca nunca dende o portal COMPRAR EN GALICIA.