2-PORTADA-SECUNDARIA.jpg

MODIFICACIÓNS NAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FRONTE AO COVID-19

Resumo RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2020

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de xullo de 2020, polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Distancia de seguridade interpersoal.

Deberá cumprirse a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal de, polo menos, 1,5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección con uso de máscara e de hixiene adecuadas.

O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal.

Obrigatoriedade do uso de máscaras.

- Para as persoas de seis ou máis anos será obrigatorio o uso da máscara en todo momento, tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

- Para as persoas de seis ou máis anos será obrigatorio o uso de máscara nos medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús ou por ferrocarril, así como nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor.

Excepcións á obriga de uso da máscara.


- Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.

-Nas praias e piscinas, durante o baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse. Será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas.

- Nos establecementos de hostalaría e restauración, por parte dos clientes do establecemento exclusivamente no momento específico do consumo.

- No interior dos cuartos de establecementos de aloxamento turístico e outros espazos similares, cando unicamente se atopen neles persoas que se aloxen no cuarto.

- En supostos de forza maior ou situación de necesidade ou cando, pola propia natureza das actividades, o uso da máscara resulte incompatible, conforme as indicacións das autoridades sanitarias.



As persoas titulares do establecemento adoptarán as medidas organizativas oportunas para evitar aglomeracións e para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal no interior dos establecementos ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física dos clientes entre si mesmos e destes con respecto dos traballadores. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número


Consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas e outros lugares de tránsito público.

Sen prexuízo das prohibicións específicas que, de ser o caso, recollan as correspondentes ordenanzas municipais, queda expresamente prohibido o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas e noutros lugares de tránsito público,mediante a actividade coñecida habitualmente como “botellón”, polos riscos que presenta para a saúde pública, relacionados coa aglomeración incontrolada de persoas e coa ausencia ou relaxación de medidas de seguridade e de distanciamento.

Esta prohibición non será aplicable no caso de consumo en terrazas.





Enlaces relacionados