NOVAS AXUDAS : PROGRAMA I APOIO A HOSTALARÍA E PROGRAMA II DE APOIO A OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS
ORDE do 22 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D), e se procede á súa convocatoria para 2021.
PROGRAMA I: HOSTALARÍA
PERSOAS BENEFICIARIAS:
As persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo; as microempresas e as pemes do sector da hostalaría.
REQUISITOS:
- Ter domicilio fiscal en Galicia.
- Estar afectada polos supostos de peche de establecementos, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, polo peche perimetral do concello en que se sitúen.
IMPORTE DAS AXUDAS
- Establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021 ............... 1.900 €.
- Establecementos pechados desde o 21 de xaneiro de 2021 ............... 2.200 €
- Establecementos pechados en virtude de dous ou máis ordes .......... 2.700 €
- Establecementos que ocupen 10 persoas traballadoras ou máis incrementarase en 1.000 €.
PROGRAMA II: OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS
PERSOAS BENEFICIARIAS:
Persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes de sectores afectados polo peche da actividade.
Quedan excluídos os establecementos como as salas de festas, discotecas, pubs, café-espectáculo e furanchos, por estaren encadrados no Porgrama I.
REQUISITOS:
- Ter domicilio fiscal en Galicia
- Estar afectada polos supostos de peche de establecementos, ou no caso de hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, polo peche perimetral do concello en que se sitúen.
IMPORTE DAS AXUDAS:
Establecementos pechados desde o 27 de xaneiro de 2021 ............... 1.900 €.
- Establecementos pechados desde o 21 de xaneiro de 2021 ............... 2.200 €
- Establecementos pechados en virtude de dous ou máis ordes .......... 2.700 €
- Establecementos que ocupen 10 perosas traballadoras ou máis incrementarase en 1.000 €.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto un mes a partir do 24 de febreiro.