1-C.jpg

NOVAS MEDIDAS EN GALICIA PARA COMBATIR O AVANCE DA COVID-19

Novas medidas establecidas pola ORDE do 4 de novembro de 2020 e polo DECRETO 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia.

5 de Novembro de 2020


RESUMO DAS MEDIDAS ESTABLECIDAS NAS SEGUINTES DISPOSICIÓNS:

ORDE do 4 de novembrode 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas comoconsecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 naComunidade Autónoma de Galicia.


DECRETO 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, poloque se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia parafacer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegadano marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 deoutubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación deinfeccións causadas polo SARS-CoV-2.



MEDIDAS XERAIS

(Contidas no DECRETO 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2).


Limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais

1. Desde as 00.00 horas do 7 de novembro: restrinxida a entrada e a saída dos seguintes ámbitos territoriais:

  •  Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Vigo, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño e Gondomar.
  • Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Poio.
  • Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos da Coruña, Culleredo, Arteixo, Oleiros e Cambre.
  • Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ferrol, Ares, Neda, Narón, Fene e Mugardos.
  • Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Toén.
  •  Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra.
  • Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Cambados.
  •  Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Lalín, Silleda e A Estrada.
  • Do ámbito territorial do concello de Lugo.
  • Do ámbito territorial do concello de Viveiro.
  • Do ámbito territorial do concello de Burela.
  • Do ámbito territorial do concello de Monforte de Lemos.
  • Do ámbito territorial do concello de Vimianzo.
  • Do ámbito territorial do concello de Xinzo de Limia.
  • Do ámbito territorial do concello de Cangas.
  • Do ámbito territorial do concello de Ponteareas.
  • Do ámbito territorial do concello de Tui.
  • Do ámbito territorial do concello do Grove.

2. Desde as 00.00 horas do 5 de novembro restrinxida a entrada e a saída:

  • Do ámbito territorial do concello do Carballiño.
  • Do ámbito territorial do concello de Verín.


3. Quedan exceptuados os desprazamentos, adecuadamente xustificados, por algún dos seguintes motivos:

  • Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  • Obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.
  • Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, escolas de educación infantil.
  • Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
  • Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  • Desprazamento a entidades financeiras e de seguros, estacións de servizo en territorios limítrofes.
  • Actuacións requiridas ou urxentes ante órganos públicos, xudiciais ou notariais.
  • Renovacións de permisos e documentación oficial e outros trámites administrativos inaprazables.
  • Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
  • Forza maior ou situación de necesidade.
  • Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

4. Permítese a circulación en tránsito a través dos ámbitos territoriais das limitacións previstas nos números 1 e 2.

5. Ata as 00.00 horas do 7 de novembro de 2020 seguirán vixentes as limitacións de entrada e saída de determinados ámbitos territoriais actuais, excepto a do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás, e a do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Verín, Oímbra e Vilardevós, que quedarán sen efecto ás 00.00 horas do 5 de novembro de 2020, ao ser aplicables desde ese momento as limitacións previstas no número 2.


Limitación da permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados

1. Desde as 00.00 horas do 5 de novembro de 2020 os grupos de persoas serán de un máximo de 6 persoas en espazos pechados e ó aire libre en toda Galicia menos nos concellos citados no número 2.

Esta limitación non se aplica para actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores, e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso da práctica do deporte federado.

Respecto das actividades previstas no anexo I da Orde do 4 de novembro de 2020, serán de aplicación as limitacións de capacidade máxima e/ou de número máximo global de persoas asistentes ou participantes previstas nel. A limitación de grupos dun máximo de seis persoas, excepto conviventes, contida neste número 1, só se aplicará aos límites específicos para actividades grupais recollidos no dito anexo.


2. Nos concellos da Coruña, Arteixo, Lugo, Pontevedra, Poio, Marín, Santiago de Compostela, Teo, Ames, Vigo, Ferrol, Narón, Fene, Neda, Ourense, Barbadás, Verín, O Carballiño e Vimianzo mantense ata as 00.00 horas do 7 de novembro de 2020, a medida de que só se permiten reunión de convivintes.

Desde as 00.00 horas do 7 de novembro só se permiten reunión de convivintes en todos os concellos enumerados nos números 1 e 2 do punto primeiro deste decreto.

Permítese a reunión de non convivintes por motivos de asistencia e coidado, incluído o acompañamento a maiores, menores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade.

Tamén se permite para actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso de práctica de deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

E tamén naquelas actividades no anexo II da Orde do 4 de novembro de 2020 que poidan desenvolverse nos concellos indicados respecto das cales se considere expresamente a posibilidade de que os grupos sexan de conviventes e non conviventes.

Persoas procedentes de fóra do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

Deberán cumprir estas disposicións, polo que só poderán entrar nos ámbitos territoriais delimitados no punto primeiro nos supostos nel previstos (sanitarios, laborais, educativos, regreso ó domicilio habitual ou familiar... )




MEDIDAS ESPECÍFICAS

(contidas na Orde 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia).

1. En toda Galicia, recoméndaselles ás persoas maiores de 75 anos, ás persoas vulnerables ao COVID-19 e a aquelas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que presenten algunha alteración que faga inviable a súa utilización, que eviten as saídas nas horas de previsible afluencia ou concentración de persoas.

2. En toda Galicia mantense o peche de festas, verbenas, atraccións de feiras e outros eventos populares.

3. En toda Galicia: aplícanse as medidas recollidas no anexo I.

Aplicaranse as medidas máis restritivas dos anexos II e III e, no que sexan compatibles con elas, as previstas no anexo I, nos seguintes ámbitos territoriais:

a) No ámbito territorial dos concellos de Vigo, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño e Gondomar.

b) No ámbito territorial dos concellos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo-Lameiro e Poio.

c) No ámbito territorial dos concellos da Coruña, Culleredo, Arteixo, Oleiros e Cambre.

d) No ámbito territorial dos concellos de Ferrol, Ares, Neda, Narón, Fene e Mugardos.

e) No ámbito territorial dos concellos de Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Toén.

f) No ámbito territorial dos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra.

g) No ámbito territorial dos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Cambados.

h) No ámbito territorial dos concellos de Lalín, Silleda e A Estrada.

i) Nos concellos de Lugo, Viveiro, Burela, Monforte, Vimianzo, O Carballiño, Verín, Xinzo de Limia, Cangas, Ponteareas, Tui e O Grove.

4. Duración das medidas:

1. As medidas previstas nos números 1 e 2 do punto segundo e no anexo I para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia terán efectos desde as 00.00 horas do día 5 de novembro de 2020. Tamén terán efectos desde as 00.00 horas do día 5 de novembro de 2020 as medidas previstas nos anexos II e III no concello do Carballiño.

As medidas dos anexos II e III, nos restantes concellos previstos no número 4 do punto segundo, terán efectos a partir das 00.00 horas do día 7 de novembro de 2020.

A eficacia das medidas estenderase ata as 15.00 horas do 4 de decembro de 2020. Non obstante o anterior, serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Como consecuencia deste seguimento e avaliación, as medidas poderán ser modificadas ou levantadas antes do transcurso do período de indicado por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

2. Ata as 00.00 horas do día 7 de novembro de 2020 serán de aplicación:

a) Nos concellos de Ferrol, Neda, Narón e Fene, as medidas previstas na Orde do 30 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos de Ferrol, Neda, Narón e Fene.

b) Nos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo, as medidas previstas na Orde do 30 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo.

c) No concello de Vimianzo, as medidas previstas na Orde do 30 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Vimianzo.

d) Nos concellos de Ourense, Barbadás e Verín, as medidas previstas no anexo I da Orde do 21 de outubro de 2020 sobre medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Terra de Celanova, Valdeorras e Verín, na provincia de Ourense.

No que sexa compatible coas ditas medidas, serán de aplicación as medidas do anexo I da presente orde.

As ordes citadas nas letras a), b), c) e d) quedarán sen efecto ás 00.00 horas do día 7 de novembro de 2020.




ANEXO I

Medidas de prevención específicas aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia

1. Obrigas xerais.

1.1. Obrigas de cautela e protección.

Todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición aos ditos riscos.

Así mesmo, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene.

1.2. Persoas con sintomatoloxía.

Calquera persoa que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles co COVID-19, tales como febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos deberá permanecer no seu domicilio e comunicalo ao seu servizo sanitario o antes posible.

Igualmente, se existen conviventes no domicilio, deberá evitar o contacto con eles e, se é posible, usar un cuarto de forma exclusiva ata recibir instrucións do seu servizo sanitario.

1.3. Distancia de seguridade interpersoal.

Deberá cumprirse a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal de polo menos, 1,5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara, de hixiene adecuada e etiqueta respiratoria.

1.4. Obrigatoriedade do uso de máscaras.

Os titulares dos establecementos, espazos ou locais deberán garantir o cumprimento desta obriga neles.

1.5. Medidas específicas para casos e contactos estreitos.

As persoas que sexan consideradas caso sospeitoso ou probable de infección polo virus SARS-CoV-2, no poden abandonar o seu domicilio ou lugar de illamento ou corentena en ningún caso, salvo autorización expresa do servizo sanitario.

3. Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por sectores.

3.1. Velorios e enterros.

1. Límite máximo de 25 persoas ao aire libre ou de 10 persoas en espazos pechados, sexan ou non conviventes.

3.2. Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civís.

1. As celebracións que poidan ter lugar tras a cerimonia en establecementos de hostalaría e restauración axustaranse ás condicións e á capacidade previstas para a prestación do servizo nestes establecementos.

2. Máximo de 100 persoas en espazos ao aire libre ou de 50 persoas en espazos pechados.

3.3 Todos os establecementos e locais comerciais e de actividades de servizos profesionais abertos ao público:

Deben prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, que deberá sinalarse de forma visible nos ditos establecementos e locais.

É obrigatorio o uso da máscara, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal.

3.3.1 Locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.

Non poderán superar o 50% da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.

3.3.2 Centros e parques comerciais ou que formen parte deles.

Non poderán superar o 50% da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.

Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns excepto para o tránsito entre os establecementos, salvo na actividade de hostalaría e restauración que se leve a cabo nas ditas zonas.

A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 33 %. As zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.

3.4 Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública. Feiras.

Non poderán superar o 50% dos postos habituais ou autorizados, limitando a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.

Os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar esta limitación.

3.5. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación.

A actividade poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido.

3.6. Establecementos de hostalaría e restauración.

1. Non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade no interior e o 75% nas terrazas.

2. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, co mantemento da distancia de seguridade interpersoal entre clientes. Non está permitido o consumo na barra.

4. Deberase manter a debida distancia de seguridade entre as mesas. A ocupación máxima será de seis persoas por mesa ou agrupación de mesas.

5. Deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas. No caso de que estea en vigor unha limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno, os clientes deberán abandonar o establecemento antes da hora de comezo da limitación.

6. Estas medidas serán tamén de aplicación ás terrazas dos establecementos de lecer nocturno.

3.7. Condicións para ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.

1. Non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade e con distancia mínima interpersoal.

2. As actividades de animación ou clases grupais: capacidade máxima de seis persoas, sexan ou non conviventes, incluídos os monitores, e con distancia de seguridade interpersoal.

3.8. Albergues turísticos.

apacidade máxima do cincuenta por cento da máxima permitida.

3.9. Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais.

Non poden superar o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida.

2. Este límite de ocupación será aplicable tamén á realización de actividades culturais nestes espazos e cun máximo de ata seis persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes, e incluído o monitor ou guía, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

3.10. Actividade en cines, teatros, auditorios, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

1. Poderán desenvolver a súa actividade, contando con butacas preasignadas, sempre que non superen o cincuenta por cento da capacidade

2. No caso doutros recintos, locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas distintos dos previstos no parágrafo anterior, poderán desenvolver a súa actividade sempre que o público permaneza sentado e que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida.

3. En calquera caso, será de aplicación un límite máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.

3.11. Centros de lecer infantil.

Capacidade máxima do cincuenta por cento do seu total.

3.12. Actividades e instalacións deportivas.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

3.13. Celebración de eventos deportivos, de adestramentos e de competicións deportivas con público.

En instalacións deportivas ou na vía pública poderá desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado, que non se supere o cincuenta por cento da capacidade e cun límite de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se ao aire libre.

3.14. Praias e piscinas.

1. O concello respectivo deberá establecer limitacións tanto de acceso como de capacidade das praias.

2. As piscinas ao aire libre ou cubertas, para uso deportivo ou recreativo, deberán respectar o límite do cincuenta por cento da súa capacidade, sen que poidan exceder o límite de cen persoas de ocupación.

4. Exceptúase o uso da máscara durante o baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas piscinas e praias.

3.15. Especificidades para determinadas actividades turísticas.

Poderán realizarse actividades de turismo, organizadas por empresas habilitadas para iso, e a actividade de guía turístico, para grupos de ata un máximo de seis persoas, coa distancia de seguridade interpersoal.

3.16. Centros de información, casetas e puntos de información.

Non se poderá exceder o cincuenta por cento da súa capacidade e deberá respectarse o máximo de seis persoas nas actividades de grupos, incluído o monitor e manter distancia de seguridade interpersoal.

3.17. Realización de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil.

1. Límite do número de participantes ao cincuenta por cento, cun máximo de cen participantes, incluídos os monitores ao aire libre. En espazos pechados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de cincuenta participantes, incluídos os monitores.

2. As actividades deberán realizarse en grupos de ata seis persoas participantes, incluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

3.18. Uso de espazos públicos.

1. Nos centros cívicos e sociais se limita a capacidade total ao cincuenta por cento. En actividades grupais: máximo de seis persoas, incluído o monitor.

2. Deberán adoptarse as medidas que coadxuven no control das agrupacións de persoas en lugares públicos, e das actividades prohibidas relacionadas co consumo de bebidas alcohólicas en parques e outros lugares de tránsito público. Recoméndase o peche dos parques públicos e espazos similares a partir das 00.00 horas ata as 6.00 horas.

3.19. Centros recreativos turísticos ou similares.

1. Límite da súa capacidade total ao cincuenta por cento.

2. As visitas de grupos serán dun máximo de seis persoas, incluído o monitor, coa distancia de seguridade interpersoal.

3.20. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

Sen prexuízo do establecido no número 3.19.2, os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

3.21. Celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares.

Non se superará o cincuenta por cento da capacidade permitida do lugar de celebración e cun límite máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.

O recollido neste número será tamén de aplicación para reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.

3.22. Establecementos e locais de xogo e apostas.

1. Non superarán o cincuenta por cento da capacidade permitida, coa distancia de seguridade e cun máximo de seis persoas por mesa ou agrupación de mesas.

En calquera caso, deberase respectar un máximo de cen persoas en espazos ao aire libre ou de cincuenta persoas en espazos pechados.

3. Deben pechar non máis tarde das 00.30 horas, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente nin expedir consumición ningunha desde esa hora, e cun período máximo de desaloxo de trinta minutos. No caso de que estea en vigor unha limitación da liberdade de circulación das persoas en horario nocturno, os clientes deberán abandonar o establecemento antes da hora de comezo da limitación.

3.23. Limitación de capacidade para outros locais ou establecementos comerciais.

1. Con carácter xeral, calquera outro local non poderá superar o cincuenta por cento da capacidade autorizada ou establecida. En calquera caso, deberase respectar un máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.

O disposto neste número 1 non será de aplicación nos establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, salóns de peiteado, prensa e papelaría, combustible para a automoción, estancos, equipamentos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, comercio pola internet, telefónico ou correspondencia, tinturarías e lavandarías, sen prexuízo da necesidade de cumprir as obrigas xerais previstas na presente orde e as medidas xerais de hixiene e protección.

2. As actividades en grupos deberán realizarse cun máximo de seis persoas participantes, e incluídos os monitores, guías ou encargados correspondentes, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade excepto no caso de persoas conviventes.

3. En calquera caso, poderase suspender a actividade de calquera establecemento que, ao xuízo da autoridade competente, poida supor un risco de contaxio polas condicións en que se estea desenvolvendo.

3.24. Transportes.

1. As condicións de capacidade dos vehículos e embarcacións que realicen servizos colectivos de transporte de viaxeiros de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, quedan establecidas do seguinte modo:

a) Nos vehículos que realicen servizos colectivos de transporte de viaxeiros con reserva de praza, poderase ocupar a totalidade dos asentos reservados, garantindo no resto de prazas que non se ocupen asentos contiguos, agás no caso de persoas que convivan na mesma unidade familiar ou habitacional.

b) Nos vehículos que realicen transporte regular de uso especial de escolares, poderase ocupar a totalidade dos asentos.

c) Nos vehículos e embarcacións que dispoñan de asentos, garantirase que non se ocupen asentos contiguos, agás no caso de persoas que convivan na mesma unidade familiar ou habitacional.

d) Nos vehículos e embarcacións que teñan autorizadas prazas de pé, procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible, establecéndose como límite de ocupación máxima a dunha sexta parte das prazas de pé en vehículos de clase I e A, e dunha sexta parte das ditas prazas de pé nos de clase II.




ANEXO II

Medidas de prevención específicas nos concellos a que se refire o número catro do punto segundo da presente orde

Aplicaranse as restricións específicas previstas a continuación.

1. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación: capacidade do cincuenta por cento respecto da máxima permitida.

2. Condicións para ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos: capacidade máxima de seis persoas, sexan ou non conviventes, incluídos os monitores, e distancia de seguridade interpersoal.

3. Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outras infraestruturas culturais: Non poderán realizarse actividades en grupo, agás que os grupos sexan de conviventes, excluído o monitor ou guía.

4. Actividade en cines, teatros, auditorios, e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas non pechadas temporalmente: límite máximo de trinta persoas para lugares pechados e de setenta e cinco persoas se se trata de actividades ao aire libre.

5. Actividades e instalacións deportivas.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, sen contar, se é o caso, o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Con distancia de seguridade interpersoal.

6. Celebración de eventos deportivos, de adestramentos e de competicións deportivas con público.

A celebración de eventos deportivos, adestramentos, competicións deportivas que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado, que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida da instalación ou do espazo de que se trate e cun límite de trinta persoas para lugares pechados e de setenta e cinco persoas se se trata de actividades ao aire libre.

7. Especificidades para determinadas actividades turísticas.

Grupos de ata un máximo de seis persoas, incluído o monitor ou guía, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

8. Centros de información, casetas e puntos de información.

Non se poderá exceder o cincuenta por cento da súa capacidade e deberá respectarse o máximo de seis persoas nas actividades de grupos, incluído o monitor ou guía. Con distancia de seguridade interpersoal.

9. Realización de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil.

1. Poderanse realizar cando se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao cincuenta por cento da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de cincuenta participantes, incluídos os monitores. Cando se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de vinte e cinco participantes, incluídos os monitores.

2. As actividades deberán realizarse en grupos de ata seis persoas participantes, incluíndo os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

10. Uso de espazos públicos.

Os centros cívicos e sociais poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao cincuenta por cento e que se extremen as medidas de protección nas actividades socioculturais de tipo grupal que se realizan neles cun máximo de seis persoas, incluído o monitor ou guía para as actividades grupais.

11. Centros recreativos turísticos ou similares.

As visitas de grupos serán dun máximo de seis persoas, incluído o monitor ou guía, con distancia de seguridade interpersoal.

12. Celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares, así como reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.

Non poden superar o cincuenta por cento da capacidade permitida do lugar de celebración, cun límite máximo de trinta persoas para lugares pechados e de setenta e cinco persoas se se trata de actividades ao aire libre.

1. Con carácter xeral, calquera outro local ou establecemento comercial non poderá superar o cincuenta por cento da capacidade autorizada ou establecida. En calquera caso, deberase respectar un máximo de trinta persoas para lugares pechados e de setenta e cinco persoas se se trata de actividades ao aire libre.

O disposto neste número 1 non será de aplicación nos establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, salóns de peiteado, prensa e papelaría, combustible para a automoción, estancos, equipamentos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, comercio pola internet, telefónico ou correspondencia, tinturarías e lavandarías, sen prexuízo da necesidade de cumprir as obrigas xerais previstas nesta orde e as medidas xerais de hixiene e protección.

2. As actividades en grupos deberán realizarse cun máximo de seis persoas participantes, sexan ou non conviventes e incluídos os monitores, guías ou encargados correspondentes, e deberanse establecer as medidas necesarias para

procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

3. En calquera caso, poderase suspender a actividade de calquera establecemento que, ao xuízo da autoridade competente, poida supor un risco de contaxio polas condicións en que se estea desenvolvendo.




ANEXO III

Peche temporal de actividades non esenciais nos concellos a que se refire o número catro do punto segundo da presente orde

1. Nos concellos a que se refire o número catro do punto segundo da presente orde adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estenda a eficacia da medida conforme o punto cuarto da orde, das seguintes actividades:

I. Espectáculos públicos:

I.3. Espectáculos taurinos.

I.4. Espectáculos circenses.

I.6. Espectáculos feirais e de exhibición.

I.7. Espectáculos pirotécnicos.

II. Actividades recreativas:

II.1. Actividades culturais e sociais.

II.3. Actividades de ocio e entretemento.

II.4. Atraccións recreativas.

II.7. Actividades de restauración.

II.8. Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III. Establecementos abertos ao público:

III.1. Establecementos de espectáculos públicos.

III.1.4. Circos.

III.1.5. Prazas de touros.

III.1.7. Recintos feirais.

III.2. Establecementos de actividades recreativas.

III.2.1. Establecementos de xogo.

III.2.1.1. Casinos.

III.2.1.2. Salas de bingo.

III.2.1.3. Salóns de xogo.

III.2.1.4. Tendas de apostas.

III.2.2. Establecementos para actividades deportivas.

III.2.2.4. Pistas de patinaxe.

III.2.2.7. Piscinas recreativas de uso colectivo.

III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos.

III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.

III.2.3.2. Parques acuáticos.

III.2.3.3. Salóns recreativos.

III.2.3.4. Parques multiocio.

III.2.4. Establecementos para actividades culturais e sociais.

III.2.4.5. Salas de concertos.

III.2.5. Establecementos de restauración.

III.2.5.1. Restaurantes.

III.2.5.1.1. Salóns de banquetes.

III.2.5.2. Cafetarías.

III.2.5.3. Bares.

Os establecementos de restauración permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio.

Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo que limiten a súa actividade aos traballadores deles ou, no caso dos centros sanitarios tamén a acompañantes de doentes, poderán manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante. Non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. A ocupación máxima será de seis persoas por mesa ou agrupación de mesas e deberán ser todas elas conviventes.

III.2.6. Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.

III.2.7. Establecementos de ocio e entretemento.

III.2.7.1. Salas de festas.

III.2.7.2. Discotecas.

III.2.7.3. Pubs.

III.2.7.4. Cafés-espectáculo.

III.2.7.5. Furanchos.

III.2.8. Centros de lecer infantil.

2. Quedan exceptuados destas limitacións as seguintes actividades e establecementos, que poderán continuar abertos:

I. Espectáculos públicos:

I.1. Espectáculos cinematográficos.

I.2. Espectáculos teatrais e musicais.

I.5. Espectáculos deportivos.


II. Actividades recreativas:

II.2. Actividades deportivas.


III. Establecementos abertos ao público:

III.1.1. CINE

III.1.2. TEATRO

III.1.3. AUDITORIOS

III.1.6. Establecementos de espectáculos deportivos

III.2.2.1. ESTADIOS DEPORTIVOS

III.2.2.2. PABILLÓNS DEPORTIVOS

III.2.2.3. RECINTOS DEPORTIVOS

III.2.2.5. XIMNASIOS

III.2.2.6. PISCINAS COMPETICIÓN

III.2.4.1. MUSEOS

III.2.4.2. BIBLIOTECAS

III.2.4.3. SALAS DE CONFERENCIAS

III.2.4.4. SALAS POLIVALENTES