NOVAS MODIFICACIÓNS NAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FROTE Á CRISE SANITARIA
RESUMO Orde 15 de agosto de 2020
Consumo de tabaco
No caso de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou en espazos ao aire libre, incluídas as terrazas, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara sempre que poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas.
Reunións de grupos en espazos privados
Nos espazos privados, abertos ou pechados, recoméndase o uso de máscara, no caso de reunións ou de posible confluencia de persoas non conviventes, así como o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e a aplicación de medidas de hixiene.
O consumo dentro do local poderá realizarse en barra ou sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes, tanto entre os situados na barra como nas mesas ou agrupacións de mesas.
A ocupación máxima será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas. A mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin deberá ser acorde co número de persoas e permitir que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas
Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada sen que poida permitirse o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.
Discotecas e resto de establecementos de lecer nocturno.
Os locais de discotecas e demais establecementos de lecer nocturno permanecerán pechados
A presente orde producirá efectos desde as 00.00 horas do 17 de agosto de 2020.