O COMERCIO DE REDONDELA PRESENTA A SHOPPING NIGHT
A noite máis glamurosa do ano chega a Redondela da man da Shopping Night acompañada do Festival de Artistas de Rúa.
Unha cita comercial na que o comercio celebra unha
xornada de promoción, descontos, presentación de novos produtos, sorteos e un
sen fin de sorpresas nun horario especial. As tendas participantes estarán
abertas ata a media noite nunha xornada estival para gozar da frescura das
noites de verán mercando nos comercios locais.
Nesta edición son máis de 40 os comercios que
participaran. Aquí podes consultar o listado completo de establecementos participantes.
Contaremos con formatos especiais de tendas como:
- Tendas anfitrionas, que durante esta
noite acollen a outras tendas ou negocios. Este formato permite non so xerar
sinerxías positivas entre distintas actividades comerciais senón que tamén
permite a negocios con ubicación menos céntricas achegarse a vida comercial do
Centro Comercial Aberto de Redondela.
- Tendas efémeras. Este formato especial
supón que as tendas situaranse en prazas e lugares ao aire libre e mostrarán e
interacturarán coa clientela na propia rúa. Serán 5 as tendas efémeras e este
ano ocuparan a Praza da Casa da Torre.
- Tendas con formato mixto. Son as
tendas que se sitúan no seu emprazamento habitual pero que exporán na rúa a súa
oferta comercial, de xeito que no interior poderemos atoparnos coas
presentacións exclusivas das novas colección e na rúa haberá unha gran
exposición de mercadorías rebaixadas de fin temporada, nas últimas e grandes
rebaixas de verán.
A temática desta edición será a NOITE GLAMOUR o que
depara sorpresas con moito luxo para sorprender aos clientes.
A Asociación de Empresarios de Redondela, promotora do evento, que conta coa colaboración do Concello de Redondela e da Xunta de Galicia.