PRESENTACIÓN-SAN-VALENTÍN-web.png

O COMERCIO LOCAL ENVOLVE CON MIMO O QUE TI ELIXES CON CARIÑO. ASÍ NOS PRESENTA O COMERCIO DE REDONDELA UNHA CAMPAÑA NA QUE Á CLIENTELA PODERÁ GAÑAR UN VALE REGALO DE 250€.

Este San valentín a Asociación de Empresas de Redondela pon en marcha unha singular inicitativa para por en valor o coidado dos detalles do pequeño comercio e na que a clientela e seguidores das tendas locais poderán gañar un exclusivo vale de compra ¿queres saber como participar? Contámoscho.

Elixir mercar no pequeno comercio marca a diferencia, na mentres outros formatos comerciais non coidan os detalles nin a presentación do produto os comercios tradicionais, auténticos formatos de venda retallista tradicional, poñen en valor os detalles dos agasallos preparando e envolvendo con mimo e de forma personalizada cada paquete. Así no lo mostra a Asociación de Empresas de Redondela a través dun singular concurso na que cada comerciante foi fotografado amosando un paquete de regalo da Campaña de San Valentín.

 

A singularidade desta iniciativa non so está en amosar a arte do packaging dos comercios senón tamén en que cada comercio deberá fomentar que os seus clientes e seguidores nas redes sociais dean “me gusta” nas súas fotos xa que realizarase un sorteo dun vale regalo de 250€ entre todos os perfís que lle teñan dado a “me gusta” que solo se poderá gastar no establecemento que resulte gañador grazas ao “like” do seu cliente ou seguidor. A clientela participante poderá dar a “me gusta” a todos a fotos que queira e a que resulte gañadora será onde poida consumir o seus vale. Ademais o perfil da persoa gañadora deberá ser seguidora da páxina da rede social da asociación na que participe e do establecemento.Neste singular concurso será a clientela a que faga gañador a comercio.

 

As fotos publicaranse o venres 14 coincidindo coa celebración de San Valentín e computaranse todos os votos acadados ata ás 11:00h a.m. do luns 17 de febreiro  para posteriormente realizarse o sorteo.