banner-sombra-rosalía-2.png

O DÍA DE ROSALÍA NA HOSTALARIA

Súmate a campaña o Día de Rosalía na Hostalaría.

Desde a Asociación de Empresarios de Redondela coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela propómosche participar nunha campaña especialmente deseñada co motivo da celebración do día de Rosalía.








Quen pode participar?
Poderán participar os establecementos de hostalaría de Redondela.

Como paticipar?
Ti realizas a túa versión do CALDO DA GLORIA, cos ingredientes do poema de Rosalía, e se o desexas nós gravamos un vídeo da elaboración da túa receita e de promoción do teu establecemento que divulgaremos nas redes sociais das entidades que participamos na promoción deste proxecto.
A gravación do video dos establecementos participantes será de balde e programarase unha axenda de rodaxes conforme aos horarios e dispoñibilidade dos establecementos.
Os establecementos participantes establecerán un prezo e horario de degustación do CALDO DA GLORIA ao menos o día 23 de febreiro de 2023 que se divulgará e promocionará nas redes sociais e nos medios de comunicación.


Anótate na Campaña 





A Fundación Rosalía de Castro celebra o 23 de febreiro do Día de Rosalía. As institucións e entidades galegas, dende a Xunta até os concellos, súmanse ás actividades promovidas dende esta institución.

 


O Concello de Redondela deu pasos nos últimos anos para divulgar a importancia de Rosalía de Castro en distintos aspectos. Dende o nomeamento da Alameda Rosalía de Castro (en Chapela) até a organización de actividades para escolares e público xeral.


Neste 2023 queremos dar outro paso máis nunha celebración que queremos consolidar. Trátase da proposta, tamén promovida pola Fundación Rosalía, do chamado "Caldo de Gloria". En resumo, a Fundación promove que o día 23 de febreiro os establecementos da hostalaría ofrezan este prato como tapa ou parte do menú. Está feito a partir do poema de Rosalía de Castro.

Tedes máis información nesta ligazón: https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/caldo-de-gloria/

Caldo de Gloria


 


Fonte: O Caldo da Gloria de Xoaquin Ameixeiras.


PROPOSTA DE PARTICIPACIÓN PARA ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS:

1. Que os establecementos realicen, a partir dos ingredientes e do poema de Rosalía, a súa versión propia do "Caldo de Gloria".

2. Os establoecementos que participen poderán, se así o desexan, gravar un pequeno vídeo narrando a elaboración e a posteriore presentación. O custo dos vídeos asumiríaos o Concello de Redondela.

3. Tantos os establecementos como os vídeos serán difundidos polas redes sociais do Concello de Redondela e a Asociación de Empresarios de Redondela, incluídos na nota de prensa escrita e dixital. Tamén trataremos que a Fundación Rosalía teña unha implicación especial que poida atraer a outros medios de fóra da nosa bisbarra.

4. O prato ou tapa que se propoña debe establecerse un prezo e un nome que conterá a denominación CALDO DA GLORIA.

5. Outra posibilidade que deixamos aberta é fixar un horario para a degustación destas versións, a concordar cos establecementos participantes que divulgaremos para fomentar o seu consumo. 


Anótate na Campaña