foto 1.jpg

O DIRECTOR XERAL DE COMERCIO, MANUEL HEREDIA, VISITA REDONDELA

Na reunión de traballo tamén participación de diversas asociacións representantes do sector comercial da provincia como Vigo, Pontevedra e O Porriño.

A visita do Director Xeral de Comercio, Manuel Heredia, a Redondela trae ao sector comercial unha inxección de ideas e novos proxectos para o impulso do sector.

 

Representantes de asociacións de comerciantes de toda a provincia de Pontevedra integrados na nova Federación de Comercio de Pontevedra acompañaron a presentación ao Director Xeral de Comercio das liñas do Plan Estratéxico “UN COMERCIO DE PROXIMIDADE RESILIENTE E SOSTIBLE” .

 

A entidade, que ven de reconfigurarse baixo unha nova forma xurídica, integra un grupo de Asociacións territoriais e Sectoriais que estruturan o tecido asociativo do comercio de proximidade da provincia, o que representa a miles de establecementos comerciais que non so prestan os seus servizos aos cidadáns se non que tamén aportan unha serie de valores a toda a cidadanía de maneira gratuíta: mellora a seguridade das rúas, crean emprego de calidade, contribúen cos seus impostos ao mantemento dos servizos públicos.

 

Pero, dadas as circunstancias actuais que afronta o sector, as  que aos problemas estruturais súmase a brutal convulsión derivada do impacto da COVID 19, a entidade busca traballar nunha estratexia totalmente aliñada coas administracións públicas e que contribúa de maneira eficaz a reposicionar o sector comercial, manter a competitividade das empresas e sensibilizar a sociedade da importancia que ten dispor dun comercio de proximidade polos valores que entraña para as nosas vilas e cidades.

Para por en marcha este plan a Federación considera esencial o papel de todas as organizacións do sector e considera necesario estruturar un modelo permeable capaz de consensuar os aspectos estratéxicos e coordinar e delegar aqueles outros de carácter táctico.


Concretamente algúns dos asuntos abordados na xuntanza trataron sobre:

-         Accións para visualizar e observar a evolución do sector

-       Dispor de ferramentas de xestión e comunicación que faciliten a interacción das organización e de estas co sector

-         Orientar liñas de axudas ao sector e as asociación que estimulen o consumo.

-         E  tamén outras cuestións de vital importancia no curto prazo como as liñas de axudas destinadas ao sector comercio no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia anunciado hai tan so uns días na Conferencia Sectorial de Comercio Interior e que está  dotado cun orzamento de 104 millóns de euros para 2021 e 415 millóns para os próximos tres anos con fondos do Plan de Recuperación para Europa NextGenerationEU.