O DIRECTOR XERAL DE TURISMO DE GALICIA, JOSÉ MANUEL MERELLES, RECOLLE A PROPOSTA DE PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA PRESENTADA POLA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA
O proxecto presentado ten un enfoque comarcal que permita á zona configurarse cunha identidade propia dentro do xeodestino Ría de Vigo-Baixo Miño no que xa se integran territorios acoutados como o Baixo Miño, o Val Miñor ou a comarca da Louriña.
A Asociación de Empresarios de Redondela ven
impulsando un grupo de traballo composto por representantes das empresas
asociadas do sector turístico que está a servir como motor de
iniciativas para a planificación e
promoción da actividade Turística.
Os datos da evolución do sector chaman a por en
marcha canto antes un plan de actuación baseado nunha estratexia conxunta e
coordinada de todos os axentes públicos e privados con competencias e interese
no sector. O momento é clave dado o rumbo apuntado polo datos estatísticos.
O director de Turismo de Galicia aposta pola
coordinación tamén coa Deputación de Pontevedra para por en marcha as
iniciativas para a valorización dos recursos turísticos do territorio.