O GRUPO DE TRABALLO DO SECTOR TURÍSTICO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESAS DE REDONDELA DASE CITA NA ILLA DE SAN SIMÓN PARA FALAR SOBRE O FUTURO DO SECTOR.
A planificación estratéxica é unha necesidade para dar respostas as ameazas que están en cernes sobre o sector e aproveitar as inmensas oportunidades que brinda ao desenvolvemento económico da localidade.
ESTE ENCONTRO DESENVOLVEUSE NO MARCO DO PROGRAMA DE VISITAS GUIADAS PARA PROFESIONAIS QUES HOXE DESENVARCOU NA ILLA DE SAN SIMÓN.
A Asociación
de Empresarios de Redondela volve organizar unha xornada para dar a coñecer os
atractivos turísticos de Redondela, de novo acompañados por Soledad Chayán,
guía oficial de turismo e xestora da marca Mellor con Guía.
Nesta ocasión,
reúne por segunda vez ós profesionais do sector do turismo de Redondela para
descubrir a historia da illa de San Simón, declarada Ben de Interese Cultural.
Despois de
percorrer o centro histórico da vila, sen deixar atrás o cemiterio dos Eidos (recentemente
votado coma o máis bonito de España), nesta ocasión embarcan para coñecer máis
en profundidade a historia destas pequenas illas agochadas no corazón da
enseada de San Simón e que son, sen lugar a dúbidas, un dos puntos máis
visitados do concello de Redondela.
Durante dúas
horas, estes profesionais do sector turístico descubriron os distintos usos
deste espazo ó longo dos séculos, comezando polo seu uso como mosteiro dende a
Idade Media e ata o século XVIII.
Distintas
ordes relixiosas pasaron polas illas e todas elas deixaron unha forte pegada,
aínda que a día de hoxe xa non queden restos visibles da mesma.
O gran cambio
produciuse a partires do século XIX, época á que pertencen os edificios que
inda se conservan en pé, agora restaurados.
O fenómeno da
emigración cara a América fixo que este espazo abandoado polos monxes se
convertera nun hospital de corentena para aqueles que volvían ó Vello
Continente, xa que as illas de San Simón e San Antón ofrecían o espazo e o
illamento necesarios para cumplir esta misión.
Outro episodio
de sobra coñecido é o seu uso como centro penitenciario durante a Guerra Civil
Española e os anos da posguerra.
Antes de ser
definitivamente abandoadas, foi o de escola-fogar Méndez Núñez, sen dúbida a
etapa menos coñecida da historia deste recuncho agochado no corazón da Ría de
Vigo, un lugar que se pode visitar dende este momento con saídas dende o porto de Cesantes para grupos reducidos.
Durante o
percorrido en barco dende o punto de saída, os visitantes poderán coñecer
distintos puntos de interese das enseada de San Simón, así como curiosidades e
lendas asociadas a esta zona.
Ver programa de visitas guiadas.