O MELLOR DA FEIRA DE OPORTUNIDADES E O MELLOR DA SHOPPING NIGHT NUN EVENTO ÚNICO, CHEGAN A REDONDELA OS “SHOPPING DAYS”.
Os días 9 e 10 de outubro o comercio de Redondela celebra os Shopping Days.
Un novo formato de promoción comercial que combina o mellor da Feira de
Oportunidades co mellor da Shopping Night, chega ao comercio Redondela. Trátase
dun evento único que achegará á clientela a posibilidade de acceder as mellores
ofertas da Feira de oportunidades e aos descontos da estrea da nova tempada: os
“SHOPPING DAYS”
O formato desta promoción está especialmente pensado para “tempos COVID” no
que se combinará a venda presencial coa venda on line. A clientela poderá
acceder a produtos e ofertas tamén dende a súa casa, ou calquera outro lugar,
mercado ou reservando online. Por outra parte a venda presencial combinará a
venda na rúa ocupando o exterior e lugares anexos ao comercios e os propios
establecementos.
Para unha maior comodidade e seguridade durante a xornada do sábado 10 os
establecementos permanecerán abertos en horario continuado de 10:00 a 22:00
horas.
Para crear espazos de compra segura e garantir a seguridade e
distanciamento social os espazos de venda estarán dotados con material
seguridade COVID-19 en cada punto de venda e as tendas adaptarán os espazos
interiores con probadores co oportuno distanciamento e a desinfección das
prendas cando así sexa pertinente.
O evento é organizado de forma conxunta pola Asociación de Empresarios e o
Concello de Redondela e pretende dar unha resposta adaptada ao novo contexto
xerado pola crise sanitaria, asumindo o Concello o peso económico da
organización.