O PEQUENO COMERCIO DE REDONDELA COMENZA A TEMPADA DE REBAIXAS
A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Redondela presenta a cartelería das rebaixas abogando pola data do 1 de xullo que durante décadas marcou o inicio regulado das Rebaixas de Verán.
Xusto, cando se cumpre unha década da liberalización das rebaixas en España, a Xunta Directiva quere rememorar esta data e reflexionar dos resultados que carrexou a liberalización.
Deixando ao marxe as circunstancias
particulares de Galicia, onde o tempo estival non acostuma a ter chegado aínda ata
principios de xullo, feito que supón unha singularidade para Galicia respecto
ao contexto español onde as vendas da campaña estival xa están activas desde
moito antes, e polo tanto en Galicia cando apenas teñen arrancado as vendas de
verán prodúcese a irrupción do período de rebaixas, o balance dunha década de
liberalización do período das rebaixas é claro, por un lado, ten anulado o
efecto chamada e adiantado en apenas unha semana o inicio das mesmas.
O sector vive dos efectos tirón das promocións e con un consumo moi minguado que está sumindo ao comercio en xeral nun efecto de fallo de oferta agudizado polas vendas online.
Por outra banda, os novos sistemas de
abastecemento continuado ao longo das campañas que fan chegar novidades á tenda
cada semana fai que o concepto rebaixas teña mudado substancialmente, e o
consumidor teña ao longo das campañas sucesivos períodos de promocións que teñen
anulado o gran efecto chamada que fai unha década supuña o inicio das rebaixas
no comercio retallista.