OBRADOIROS E XORNADAS PARA O EMPREGO E O EMPRENDEMENTO
AS USUARIAS E USUARIOS DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PREPARANSE PARA DESENVOLVER AS SÚAS SOFT SKILLS.
A conferencia celebrada de forma presencial, con aforo limitado, no Pazo de Santa Teresa tamén poido ser seguida online e contou coa participación de 50 persoas.
Entre os relatores contamos coa presencia de Pedro Rodríguez, consultor, formador, adestrador e relator en habilidades socio laborais e Joaquín Franco, consultor en proxectos de formación, especialmente vinculado ao ámbito tecnolóxico e docente en habilidades socio laborais.
A formación en Habilidades Brandas (soft skills) na procura da mellora da empregabilidade estase a converter nunha ferramenta básica para desenvolverse no mercado laboral motivo polo que dende o programa de emprego da Asociación de Empresarios de Redondela realizamos esta conferencia dirixida ás persoas participantes no programa co obxectivo de espertar o seu interese por profundar no desenvolvemento destas competencias nas que se traballará de forma práctica ao longo da vindeiras semanas.