FOTO--DIASAZUIS-WEB.jpg

OS DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO TINGUEN DE COR AZUL OS ESCAPARATES DOS COMERCIOS DE REDONDELA.

A Asociación de Empresarios de Redondela pretende impulsar a presenza da campaña dos días azuis a través dun concurso de decoración comercial no que a clientela poderá votar as decoracións realizadas polos comercios participantes que se identifican con hortensias azuis.

Durante a campaña os comercios poderán ir preparando as súas decoracións para participar no concurso e terán de prazo para presentar as fotografías dos seus escaparates ato o 21 de xuño. A partir do 25 de xuño a asociación activará un sistema de votación dixital para que a clientela vote o seus escaparates favoritos.

 

Ata o 30 de xuño a clientela poderá rexistrar as compras que realice no comercio local para participar no sorteo de tarxetas regalo de 250€ e 150€. Un importe total de 20.000€ en premios repartiranse en tarxetas prepago para mercar no pequeno comercio de Galicia. Esta campaña, que está coordinada pola Federación Galega de Comercio en colaboración coas asociacións locais, chega a toda Galicia grazas ao financiamento da Xunta de Galicia.


Queres participar na campaña? Pincha aquí.