
OS NOVOS PROXECTOS PROMOVIDOS POLA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA PODERÍAN CONTAR COA COLABORACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO.
A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA E O DECANO DA FACULTADE DE CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS DA UNIVERSIDADE E VIGO, JOSE SANTIAGO GÓMEZ FRAIZ, REÚNENSE PARA ANALIZAR AS POSIBILIDADES DE COLABORACIÓN ENTRE AMBAS ENTIDADES.
A
aposta da Asociación de Empresarios de Redondela por un modelo de integración
comarcal está a ter moi boa acollida entre o sector empresarial da comarca e
neste sentido tanto en Arcade e Soutomaoir como en Pazos de Borbén estanse
mantendo encontros empresariais. O modelo de integración que se plantea
seguir estará baseado no modelo de Agrupación Empresarias Innovadora no que axuntar
nun espazo xeográfico os distintos axentes vinculados co sector produtivo, así
con centros de investigación e formación, como a propia Universidade,
involucrados nun proceso de intercambio colaborativo dirixido a obter vantaxes
e beneficios derivados da execución conxunta de proxectos de carácter
innovador. Unha das experiencias máis interesantes aportadas polo propio decano
durante a reunión foi o importante traballo realizado sobre o marco decisional
na selección do emprazamento da industria dadas as importantes necesidades de
ordenación industrial a nivel local e comarcal da zona.