OS VALORES MEDIOAMBIENTAIS E DE SUSTENTABILIDADE SERÁN OS PROTAGONISTAS DA CAMPAÑA DE NADAL NO COMERCIO DE REDONDELA
A Asociación de Empresarios de Redondela coordina a posta en marcha dunha nova campaña de dinamización comercial que aposta pola sustentabilidade, o consumo responsable e o coidado do medioambiente como valores íntimamente conectado co pequeno comercio.
Durante todo este mes de
decembro poñeranse en marcha unha serie de iniciativas de apoio e promoción do
comercio de Redondela.
Hoxe comezamos a preparación
das decoracións de Nadal. O elemento identificativo dos establecementos
asociados á campaña está elaborado en madeira como material principal en
concordancia co uso de materiais sustentables e procedentes de bosques con
selos FSC e PEFC que garanten a procedencia de montes xestionados de forma
sustentable.
A campaña incentivará as
compras con sorteos e premios. O gran sorteo final con 3.000€ en vales de
compra contará este ano cun sistema de participación dixital o que
contribuirá a redución de consumos.
As prazas de abastos
terán sorteos especiais que contarán coa colaboración do Concello de Redondela.
O vindeiro luns 4 ás de decembro Concello e Asociación de Empresarios de
Redondela presentarán conxuntamente o programa de promoción para o Nadal. Ambos
mercados municipais, de Redondela e Chapela contarán coas promocións e por
primeira vez promoverase un sistema de participación mixto para os sorteos de
forma que se poderá participar tanto online como offline.
A Asociación de Empresarios de
Redondela, durante as semanas centrais de Nadal a campaña, desde o 15 de
decembro ao 5 de xaneiro, semanas onde o empaquetado de agasallos supón un
importante sobre custe para os establecementos, distribuirá entre os comercios
material de packaging elaborado con materiais reciclados e totalmente biodegradables
como bolsas e sobres de agasallo co obxecto de axudar ao comercio local e
contribuír a posta en marcha de accións de sustentabilidade. Estas accións desenvólvense
no marco do proxecto de dinamización comercial do Centro Comercial Aberto de
Redondela e xestionado pola Asociación de Empresarios e que veñen contando co financiamento e apoio
da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comercio.